A nosa emigración, e a academia

Emigracion José Estévez

Emigración EstévezE organización nacionalista de Pombal en Bos Aires. Arxentina. Moi poucos haberá que se lembren, como eu, como no século XVIII, os homes de Fornelos, non todos, emigraban a Castela, outros camiño de Portugal; mais a partir do século XIX, uns 50 homes da parroquia, nas diversas etapas, embarcaron camiño da Arxentina, onde a maior parte deles non retornaron a súa terra. Alí, en Bos Aires quedaron para sempre.

Os nosos emigrantes puxeron en marcha naquel terzo de século XX, Manuel Puentes, de Salvaterra foi un, Sestelo, Irmás González, Rogelio Estévez Cambra e outros de Fornelos, axudaron o pago da escola pública é o sustento das organizacións agrarias. Aqueles homes en Bos Aires, alentaron a potencialidade da parroquia produtiva, así como a construción do cemiterio cívico relixioso; a loita pola nosa xente, polo galego, polo traballo a prol da nosa cultura é lingua nacional, como diría Castelao.

Os nosos emigrantes non so fixeron para procurar unha saída económica, senón tamén, morriña e desexo de cambio. Algo parecido o que está a ocorrer hoxe no 2.015, co desexo de cambio. Dende a emigración viñeron capitais para desenvolver a nosa pobre economía con ideas novas. Ademais eles contribuíron no pais de acollida o desenvolvemento é implicacións na loita social é política do pais.

Dende a emigración xurdiron na nosa parroquia de Fornelos dinámicas varias, unha delas a constitución da Academia Galega da Lingua, o nacemento da bandeira e o himno galego. Asemade alí, agromaron centros é asociacións de axuda, organizacións que loitaban pola soberanía do pais, cultura e lingua.

Hai que destacar a Organización Pondal, de Bos Aires, é a Xuntanza Galega, así como o Comité Arredista Galega, neste caso de la Habana, É os irmás nosos de La Concordia é Unión Progresista, tan de moda co “progresismo nacional” actual das forzas de esquerdas.

Na ditadura franquista, naceran as Irmandades Galegas; entre elas A Nosa Terra de Antón Alonso Ríos, en Bos Aires. No ano 1.886 naceron “Os Precursores”; no 1.887 o partido republicano federal. No 1.879 nace o Centro Galego de Bos Aires. No 1.894 nace na Coruña a Cova Céltica, orixe primeiro da Real Academia Galega, fundada despois en 1.906 co apoio dos emigrantes de La Habana, grazas a iniciativa de Manuel Murguía, Xosé Fontenla Leal e Manuel Curros Enríquez.

No 1.907 nace Solidariedade Galega, integrada por destacadas forzas políticas. No 1.910 nace en Madrid, “Acción Gallega”, da man de Basilio Álvarez, crego, coñecido polo cura de Beiro, quen na súa faceta de xornalista colabora en varios medios, é edita A Zarpa é El Heraldo Gallego.

Dende este recuncho do Condado de Salvaterra do Miño a Paradanta, co noso maior respecto é agradecemento a todos eles, non so pola fe con que loitaron, senón, polas ilusións postas para o noso futuro, futuro que hoxe está nas nosas mans, moitas grazas.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion