Fornelos era so un asentamento

Iglesia de San Juan de FornelosEste é un pequeno bosquexo de cando Fornelos non era nada na xeografía humana. A transformación de Fornelos da Ribeira, como asentamento estaba baixo o influxo da des poboación é o abandono das entidades agrarias, por unha parte, é a partir da difusión da moda de vida por outra coas edificacións e pautas culturais urbanas, dándolle a Fornelos unha particular interese a súa estrutura, tipografía e localización.

Xa Otero Pedraio, fixera, un estudo en profundidade das particularidades do noso hábitat. O interese dos xeógrafos polos nosos asentamentos baixo os pioneiros de Meítzen é Vidal de la Plache, levounos a analizar, por exemplo, o asentamento da miña aldea, “A clara orixinalidade do sistema”. Eu fun seguindo a Otero Pedraio, introducíndome no análise que conduce a disociación das vivendas, chegando as investigacións dos xeógrafos que o mediron e cartografía buscando o emprazamento, características culturais, onde a civilización, organización social co asentamento, era obra das xentes cuxa vida xiraba nos aproveitamentos agrícolas e gandeiras no seu territorio.

J.Dantin Cereceda, fixera una distribución xeográfica de Galicia é de nós, no 1.925 na que elaborara un mapa de densidades, distribución de habitantes é número de entidades nos rueiros.

No, 1.928 Otero Pedraio, na súa obra, Paisaxes e Problemas Xeográficos de Galicia, versara sobre as formas de poboación nos rueiros é na parroquia.

Souto González no 1.982 deixounos un modelo teórico da evolución do noso asentamento de Fornelos, baixo o influxo das vías de comunicación modernas na que se encontra Fornelos.

A impresión para un profano, como eu, observa que cal quer ruta seguida, non deixa ver o rueiro do variado porte e tamaño salpicando o espazo con aparente anarquía.

Moi famosa a irónica observación realizada por Castelao, na súa “Sempre en Galiza”, que hoxe non se da na nosa terra, aínda que haxa descenso de poboación. Na hipotética xerarquía do asentamento, por baixo da unidade administrativa oficial, no seu día, constituíuse en concello.

Existían tres niveis: O fogar, a aldea, o rueiro é a parroquia, parroquia non como entidade eclesiástica, senón, como marco solidario veciñal, no que a través da asociación cultural San Xoán, hoxe se analizan e realizan traballos comunitarios, festas, romarías e outros eventos.

Hoxe a tenencia da terra en Fornelos e froito da evolución histórica. A depreciación do sistema foral, na década do século XX, levounos a un forte predominio do réxime de propiedade que aínda existe. É induce ademais a pequenas parcelas, entre parentes e amigos, incluído os emigrantes. A explotacións directas sufriron notable variacións, especie de caixón de xastre, onde foron a parar fundamentalmente os bens comunitarios.

En Fornelos o réxime de propiedade dominou sempre é foi un reflexo dos esforzos seculares da xente por dispoñer libremente da terra que traballaban. Os factores físicos do chan, parecen ser obvios os condicionamentos naturais. As nosas xentes, contribuíron tanto ou mais a esta particular configuración agraria. Boa parte de elo, foron as transformacións o longo do tempo.

En Fornelos da Ribeira se destina a cultivo un espazo relativo; a gama de produtos cultivados sufriron una redución é a modernidade co tractor, pregunto: ¿Onde se mete, para traballar a terra sen espazo?

A pataca tivo forte incidencia na ocupación, introducida un pouco mais tardía que o millo no século XVIII. A xudía, lentellas, fabas. . . aparecen asociadas o millo. As hortalizas é froitas, incluso o viñedo representaron menor ocupación do chan, a col, repolo, leituga, tomate, pemento, fresa, cebola eran asociadas as verzas e patacas, nas inmediacións dos fogares, facendo pequenas hortas.

A viticultura en Fornelos foi un acompañante no sistema agrario que aínda subsiste, pero cada vez menos. Os problemas estruturais son culpables da situación actual. Esta situación contrasta co Catastro de Ensenada, do século XVIII, que contribuíu a diminuír o gando, é o porcino, respondeu sempre coa avicultura coa carne e ovos.

A evolución da xente activa ocupada en Fornelos sufriu na última década os avatares da economía familiar.

A reconversión, plan da pequena e mediana empresa (Pymes), non foron suficientes para compensar as perdas de emprego afectando gravemente a parroquia.

Co compartimento Comarcal permitiría a distribución, como escribira Castelao “ unha unidade territorial harmónica”, pero non e así. E, Fornelos non ten potestade de “sentirse”, de unha e outra “comarca, a do Tea ou a de Ponteareas.

Fornelos da Ribeira ten paisaxe diferenciado, é cos fondos dos vales permiten actividades mixtas, con rueiros de ar familiar. A parroquia é, polo tanto, unha entidade sen personalidade xurídica, aínda que si demográfica.

Falando de O Condado de Salvaterra do Miño, da que forma parte, é un magnífico territorio vinícola é turística de calidade. Fornelos por unha Lei do goberno é a administración Local do 11 de febreiro de 1.885, era unha entidade con vida municipal, do partido de Ponteareas. Aquela etapa rexionalista (1.840 – 1.916), foi nada mais que unha quimera administrativa.

Castelao, Sempre en Galiza, explicou a parroquia como unha célula vital da organización das nosas xentes, é a comarca, delimitada o réxime autonómico, pero a consecuencia dunha tradición comarcal na evolución do pensamento galeguista do século XIX, obrigou os autores a ampararse na vella circunscrición eclesiástica histórica para xustificala existencia. Os traballos de Álvarez Limeses, Carré Aldao e Vicente Risco son un exemplo.

Hoxe a Gran Área Metropolitana de Vigo, é a expresión natural da acollida das xentes de Fornelos. Algún día falaremos da influencia viguesa, na nosa terra fornelense.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion