As prácticas cristiás en Fornelos

fornelos da ribeira igrexaPartindo do século XVIII viñan asociadas a ritos e curacións máxicas coa adiviñación. Falo da miña parroquia de San Xoán de Fornelos da Ribeira, supoño que nas demais pasaría o mesmo, a confesión e os veciños eran portadores xa de tradicións relixiosas, dende as cales interpretaban as prédicas do cura os veciños, moitos deles, da nosa terra, algúns no seu equipaxe sacerdotal, levaban as crenzas nas meigas, os velorios, a caridade e a devoción as Ánimas do Purgatorio, hoxe en desuso, ademais dos santos preferidos, que o meu parecer había para todos. Así, por exemplo nacera a festividade da Nosa Señora das Dores, que aínda se conserva, propagada entre as xentiñas e os “gozos”, compostos en 1.760 para as facendas do campo, que estaban para algúns baixo o seu amparo.

Daquela xa se facía referencia os ingresos dos cura párrocos coas “primicias” dadas en especie. A reforma eclesiástica determinou a abolición dos “décimos”, non innovou en materia de “primicias” nin tampouco sobre os emolumentos dos cura párrocos.

Entre as tarefas pastorais ningunha era tan importante como a “Misa Maior”, nas festividades. No momento do sermón, se aproveitaba para comunicar as noticias que afectaban os veciños, Si, os caciques e veciños podían escoitar as campás, para congregalos, acudir a misa, conformar os confrades e engadirlles funcións; é dicir: Algúns se ocupaban das tarefas tradicionais no marco dunha práctica sacramental pouco agresiva. Todo hai que dicilo. É así fixeron o equilibrio entre a tolerancia e a imposición clerical. Certamente, en Fornelos da Ribeira, os veciños foron excesivamente rigorosos. Non pouca veces mulleres e homes acudiron o cura párroco (aínda o fan hoxe), para resolver algún problema, incluso para unha dor de moas. . . Compartían matrimonio, certificaban condutas dos veciños e se aproveitaban tamén, as veces, das sucesións testamentarias. Coas distintas formas se puña en xogo a consolidación relixiosa na parroquia.

A parroquia de San Xoán de Fornelos, como foco de difusión das actividades, foi lugar de reunión, encontro e circulación de mensaxes que chegaban politicamente dos irmas de América. Non obstante, as almas veciñais recollían as esmorgas na igrexa, articulando na igrexa – veciños, unha especie de produción, traballo é devoción.
Ata tal punto isto é certo o que os conto, que aínda hoxe, nas festividades cívico – relixiosas, no acto do alzamento da Hostia, se toca o himno nacional acompañado dos foguetes clásicos.. Nin un de mais, nin de menos. Como manda a tradición.

O repertorio foi cambiando o seu propio modo de vida, e preparándose para a morte, que tamén ha de chegar.

A historia explica que a igrexa católica fundiu as súas raíces mais aló, e fai tempo que nos novos tempos, a igrexa vaise dedicando o coidado da alma so mentes, porque o traballo portador da vida, non ten que ver neste santo enterro.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion