Patacas recheas con bacallau

Patacas bacalaoCociñadas na lareira de cada fogar con amor. . . Sen querer entrei na “cociña da moucha” (La Cocina de Lechuza), Pilar Martínez; é lembrando as patacas recheas da miña madriña Ildefonsa Cambra, no rueiro do Casco, dese Fornelos dos meus pecados, acadei a receita que hoxe presento:

Ingredientes (Para 4 persoas): 8 patacas das nosas, 3 filetes de bacallau desalados é sen pel, unha cebola e media, medio pemento verde, unha latiña de atún (120 gr), un vasiño con viño branco, un pouquiño de pimentón doce, pirixel, pan rallado, aceite de oliva virxe, azafrán moído.

Empezamos por pelar as patacas, as cocemos en abundante auga con sal é azafrán moído para darlle cor. As deixamos 8 minutos de cocción. Despois as escorremos é reservamos. Frías xa, as vaciámos con unha culler.

Preparamos o recheo con cebola picada, un par de culleres de aceite de oliva, e fritimos todo xunto co pemento verde procurando non queimalo.

Engadimos o bacallau desfeito coa latiña do atún escorrido.

Cociñamos 5 minutos todo xunto é rectificamos a sal, si é preciso. Deixamos enfriar, é unha vez frío, enchemos as patacas co bacallau con unha culler, que quede ben compacto.

Espolvoreamos con pan rallado, é nunha cazola de barro, a poder ser, rustrimos, cebola picadiña co pementón doce, o vaso do viño branco, co pirixel picadiño.

Coas patacas recheas boca arriba, na cazola coa salsa a deixamos 5 minutos ata estar listas procurando non rompelas.
Regadas coa salsiña por riba, e dúas por barba, a comelas .¡Bo proveito!, con un tinto Mencía.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion