As campás da igrexa

campás iglesia fornelosNun Agosto de 1.920 coa presenza de Jesús Cambra e Rivas en Fornelos da Ribeira. Me contaba a miña madriña, que aínda non soara o terceiro toque para a misa, é no adro da igrexa conversaban animosos grupos de con veciños na espera da última sinal, c ando chegara da Arxentina Jesús Cambra e Rivas coa súa filla Rosa Angela. Contábame de que entre o grupo que alí había saudando estaba o maior cacique da parroquia.

Terminada a misa baixaron ata As Fraguiñas conversando con Amadeo, Manoel, González é Sestelo de regreso o eido do Casco onde tiñan a residencia. De aquí saíran tamén. Os irmás José María, Clemente y Rogelio Estévez Cambra, camiño da Arxentina.

Jesús Cambra entretíñase no eido lendo xornais e revistas que lle enviaban, para non perder o contacto coas súas sentes da lá, onde vivira tatos anos, cando fora visitado polo Manoel da Loña; mentres a súa filla Ros Angela, asomada a festa da casa solar, contemplaba distraída o panorama envolta na pátina dos séculos da casa solar mercada polo seu pai, para residencia dos seus avós, Francisco Clemente e Rosa , enterrados no panteón familiar no cemiterio no Coto de Sa. Aquel cheiro limpo a campo ofrecendo as xentes a capela Santa Rosa que seu pai dedicara a Santa Rosa Arxentina, está mais que clara.

Grande era, me contaba a madriña, da satisfacción do primo Jesús, verse encantando en Fornelos. Apoiado na baranda do patio de entrada, ocultaba fronte os demais, as súas ilusións na terra arxentina deixada atrás, que como cultivador que era, recollía moitas toneladas de trigo.

Daquel pasado penoso e glorioso a vez, quería morrer na súa terra e así o pensamento o levou a Vigo onde faleceu.
Home de moita sociedade, regresara a Vigo polo vieiro da vida, esperando o casamento da súa filla co avogado Gonzalo Losada e Pardo.

Ninguén puña en dúbida os sentimentos relixiosos, nin os seus sentimentos da Comunión Tradicionalista de Carlos VII, cando por aqueles anos a xuventude quería rachar con aqueles tempos. Seguía mais ou menos funcionando a Inquisición coa imposición da igrexa. E xa se sabe: das ideas equivocadas que pola ignorancia e mala fe, arraigaban nas mentes daquela época. ¡Xa!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion