Maribel Estévez Puerto, e os seus 17 tesouros

Maribel Estévez PuertoPor certo un 17, unha cidade, e un apelido Estévez. Esta Maribel Estévez, que vive con esas cousas moi parecidas a outras nosas, ten escrito un libro é “a verdade é que sempre quixo escribir algo é pensou que a tese doutoral podía serlle importante”. ¡Home! como así foi.

Logo, quixo ser algo mais preto, e sería seu pai, porque todo o feito fora por el: “As innovacións, a adega, o soporte técnico. . . é de aí, o Método Estévez”. É con temas mais concretos nace “Xosé Estévez e o Viño de Xerez” (Canto é Conto), dende a súa orixe ata a actualidade. É así é foi como o contamos.

Maribel Estévez, rende un merecido homenaxe o seu pai, fundador da “adega”, fai 30 anos. É coa responsabilidade técnica desta Maribel, sobre o viño de Xerez. Unha obra que axudará a “amar” os viños, ¡como Deus manda! a súa historia, a súa elaboración é, por que non dicilo, o seu “trasno”.

Esta Maribel Estévez, desprega no libro, todos os seus coñecementos; explica dunha maneira clara as viñas, as anécdotas é a historia da cidade, ademais dos procesos é resultados enólogos dos viños.

Estamos a falar non dunha biografía, tampouco dunha novela, senón, do resultado vivido o pe do seu pai, é- como di ela- das fontes da súa nai Isabel Puerto, a quen mandamos unha aperta.

Pero volvendo a “Xosé Estévez e o Viño de Xerez” nos serve aquí no Condado de Salvaterra do Miño e A Paradanta, como guía, con pinacoteca con obras de pintores dende Picasso a Tapies, pasando por Dalí, Chillida e algún mais.

Di Maribel Estévez, de seu pai, que “lle apaixona o arte, os cabalos”, é apunta: “Hai ata un capítulo no que se fai homenaxe os xenerosos secos de Xerez”, marinados por importantes Chefs Españois.

Eu digo sempre que é de ben nados, ser agradecidos. É Maribel Estévez, dedica o libro os seus pais “porque a eles lle debe o que é”, tanto coma profesional como persoa.

Dende esta terra do Condado e A Paradanta, recoñecemos a labor, a ilusión é ¡porque non! a defensa dos negocios da familia sempre en harmonía cos 17 tesouros que xa fai mais de dous anos publicara o Diario de Xerez é nós sen decatarnos. ¡Mais val tarde que nunca!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion