Estas tres parroquias que estiveron unidas no seu día o concello de Fornelos, as percorrín de meniño, pasando por todas elas.
Camiño do Ravelo en Tortoreos, cada ano, a partir do 1.945 lembraba sempre a humilde igrexa de San André, a de Santa Comba de Soutolobre e a de San Miguel de Corzáns. Da igrexa de Lourido pasábamos a miña madriña é mais eu, por diante cara a Soutolobre, doada a igrexa compostelá no 991.
Pasabamos polos rueiros desta pequena parroquia, con 106 habitantes. Atravesábamos vieiros valeiros, entre regatos é carballeiras para chegar O Ravelo de Tortoreos, onde a tía Pepita Cambra Muñoz tiña o seu eido, é a miña madriña visitaba periodicamente comigo.
Atravesábamos tamén San Miguel de Corzáns para chegar a Meder é seguidamente pola estrada camiño de As Neves, deixábamos o Pazo da Marquesa, para chegar o noso eido. Tampouco Corzáns te n unha poboación grande, so mentes 253 habitantes.
Daqueles viaxes a pe, lémbrome aínda, do portalón da Inquisición, o Pazo de Petan, o escudo, ¡ben sabe Deus! que era meniño é chegaba canso é “escarallado” de tanto andar. Tamén algo tivo que ver a miña relación con Pilar Barbeito (q.d.e.p.) que tantas é tantas veces lembro, porque o cariño que me demostrou de pequeniño quedoume fechado para toda a vida.
Síntome participe do patrimonio Galego abandonado tantas veces, e que forma parte da nosa historia. Por iso, aquí queda a miña testemuña daquel pasado, hoxe presente. Amén.
Dejar una contestacion
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.