A casa torre da Moreira

Torre la MoreiraDentro do noso Condado de Salvaterra a Paradanta, que tanto amamos. Porque a Casa Torre da Moreira existe, é ben a describe a nosa amiga Natércia Laforie sobre os seus antepasados Vázquez de Puga en Cequeliños. (Arbo).

Hoxe, mal que ben, a actualidade da Casa Torre da Moreira está golpeada polos viñedos de albariño, por certo dun dos mellores albariños, simulando amenas de castelo, coa san intención de separar as vivendas dos viñedos.

A Casa Torre da Moreira, que fora orgullo dun tempo certo, emblema dun tempo pasado, con capela e Pombar dos señores Vázquez de Puga, firmes centinelas daqueles tempos.

A Moreira, fermosa feiticeira, ten a súa historia cos dramas relacionados coas familias. É tamén, como posto de vixía contra a súa veciña portuguesa. A súa construción non pasada de moda, en 1.809 responde as forzas francesas, como mensaxeiras da liberdade, no alto de Cequeliños da Moreira, observando a grave situación.

Hoxe, deixando atrás a calidade do albariño, sigo a Natércia Laforie co saqueo é incendio de tódolos arquivos. Porque nada quedou da memoria dos Vázquez de Puga e dos Puga Suárez.

¡Que lle vamos a facer! Son os imponderables dos mensaxeiros da liberdade. Nunca mellor dito.

Cequeliños, que algunha vez visitei, pazo da Moreira, Mourentan ligado a noso Fornelos da Ribeira polo crime de Pedro Álvarez de Soutomaior chamado o parricida, foron testemuñas do paso dos franceses polos nosos eidos. Di Natércia Laforie da pequena historia de Estrada Catoyra en referencia o pequeno ponte de Mourentan, novela “El Combate fue primero de Mourentán”. Poderá ser, non o discuto.

O desastre da Ponte das Barcas, co pánico incluído quedou fechado no 29-03-1.809 con 400 mortos.

Pero debemos reseñar aquí a Diego Puga é Ánxela Araúxo, casados na capela do pazo o 4-06-1.696 e o nacemento da súa filla Rosa.

Non debemos esquecer que esta historia forma parte da Historia do Condado de Salvaterra do Miño a Paradanta , é quen tan ben recolle Natércia Laforie co escudo de armas do Puga no Portalón da Inquisición, na parroquia de Corzáns, da familia Barbeito Padrón, terra que tantas é tantas veces pasei por ela nos meus anos mozos camiño do Ravelo en Tortoreos.

Felicito pois, a nosa amiga Natércia Laforie pola súa información e polo entusiasmo lembrando os feitos dos nosos antepasados. ¡Noraboa!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion