As xentes da miña parroquia

xentes fornelos da ribeira igrexaDas que tan pouco falamos delas; das súas labores do fogar, no campo, na horta. Eu sempre dixen teñen razón do pouco que se escribe e fala delas, sobre todo da súa incorporación a vida actualmente. É dicir: O traballo laboral.

Sempre defendín as nosas xentes, as amas da casa, especialmente a nosas amas de Fornelos da Ribeira, merecedoras de tódolos títulos, non so pola súa incorporación o novo mundo laboral, senón, porque forman parte do patrimonio dos homes. É dende fai tanto anos, con a emigración e os oficios, so estaba para traballar tanto na casa como no campo.

Esta mulleres da aldea que cariñosamente chamo gañaron pouco a pouco esas pequenas batallas, sen ir a guerra, para conseguir a igualdade entre homes e mulleres. De aí que, todo esforzo é pouco para conseguir a totalidade de tan desexada igualdade.

As nosas xentes, as mulleres non son alleas os logros. Sería inxusto desentendelas dos problemas que lles afecta, alegando que non lles atañe. Non hai que esquecerse que grazas a loita dunhas poucas, a sociedade rural experimentou un cambio substancial. Aínda hoxe me lembro de cando as mulleres non lles estaba permitido aperturar unha conta nun banco, ou mercar algo sen o permiso do esposo. No fondo a muller, vivía como muller de segunda categoría. Nas aldeas mais aínda. É na miña tamén.

A incorporación das mulleres o mundo laboral, feito en pésimas condicións e costo persoal altísimo, porque aqueles políticos de vía estreita, pensaban na sen razón. Atendelo o esposo.

É para ela non había descanso funcionando cos mesmos esquemas das nosas avoas o que non deixaba de ser unha equivocación.

¡Que non me veñan a dicir hoxe que son unha minoría! Hai xentes que optarán por quedarse no fogar dos seus amores, outras veces obrigadas. Certamente. Pero o importante é a solidariedade, é non en liortas e pelexas que so benefician o home. É que cada pau aguante a súa vela. Así declaro.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion