Xa está a verse a deusa branca

abadía de tortoreosÉ o fai na Abadía de Tortoreos, ano tras ano, onde dáse ben. Esta deusa branca chámase albariña, dela sae o albariño. Como vedes ten nome máxico Ata non hai moitos anos a súa pronunciación remitíase a unha dimensión misteriosa de viño, na que se xogaba a calidade como papel determinante o azar. Podería ir dende o mais vulgar ata o mais sublime. Así de certo.

Hoxe, aínda que a climatoloxía lle é complicada, de cando en vez, da sorpresas. É na Abadía de Tortoreos o control sobre a bondade da branca, na variedade albariño, é todo un éxito baixo a denominación (D.O. Rías Baixas), na que se asenta unha alta calidade desta variedade de uva.

Cultivada, como digo, na Abadía de Tortoreos, o parecer a súa orixe está na Alemaña. Onde os monxes a trouxeron no século XII, a Santiago de Compostela. Logo, pasou a territorios circundantes é norte de Portugal, base para os viños verdes portugueses.

O viño elaborado con escasa produtividade da cepa, o baixo número de hectáreas e os duros traballos é a grave ameaza das enfermidades dos fungos que obriga a cultivalas cepas con moitos coidados. O albariño da nosa Abadía de Tortoreos é todo el, un traballo capital invertido, compensado con unha boa colleita: Un viño pálido é perfumado, de finura é elegancia, difícil de igualar. Todo el está repleto de aromas, que para mi, lembra as mazás, é tamén certas herbas ¡Que vou a dicir eu, la Abadía de Tortoreos! Con lembranzas familiares no Ravelo é un parente cura, Manuel Cambra e Rivas, párroco de esa igrexa de Santiago.

O albariño da Abadía de Tortoreos ¡que queredes que os diga! É un viño expresivo é firme na gorxa, rico en matices, como se di, gustativo, amplo, como diría Álvaro Cunqueiro, ben dotado de alcohol, é acidez en boa conxunción.

Éche un compañeiro ideal para os froitos mais refinados do Atlántico. É un viño capaz de expresar a súa calidade no seu percorrido pola gorxa bucal, tanto aromático como gustativo. Una característica dos grandes viños. Amén.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion