Rogelio Estévez Cambra

rogelio estevez cambra
(Foto cedida por José María Estévez Cambra. Arxentina).

Honra a súa aldea de Fornelos, aparecendo citado hoxe en día (ano 2.016), en varias revistas de universidade.
E para min, como sobriño neto, nado no mesmo eido, que na revista da Universidade de Córdoba (Arxentina), se lembrara a este fillo, notario en Bahía Blanca, como xurista, no catálogo, ano 9, número 8,9 é 10 do mes de decembro do 1.920 no Foro é Notariado, órgano do Colexio de Escribanos de Bahía Blanca, sendo seu fundador entre 1.914 ao 1.921 este fillo de Fornelos da Ribeira.

Honrando a patria onde fora nado, o Boletín Urazandi, de Bahía Blanca, dentro da Historia da Unión Vasca, aparece falando do esforzo de catro investigadores na construción homoxénea do fenómeno histórico vasco no século XIX, moi pouco antes de ser outra cousa, a que ían as xentes por determinado tempo; diciamos nos “de paso”, con o pe no estribo, porque as veces o por vir, se presentaba sen velos ante os ollos dos homes.

En Bahía Blanca, dos 1.057 censados no ano 1.881, os 25.000 do 1.899, e dos 70.000 do 1.914 se pasou os 122.059 do 1.947 dando fe do crecemento, entre os séculos XIX é XX.

Honrando sempre a terra que o viu nacer, a historia e a xeografía onde situouse o xurista e notario Rogelio Estévez Cambra, tamén situouse a Unión Vasca de Socorros Mutuos. O estudo do nacionalismo vasco é a relixiosidade permitiu aproximarse os mecanismos ideolóxicos e as prácticas que fortaleceron a cohesión entre os membros da comunidade nun sentido amplo.

É engado aquí, o sentido da sociabilidade, as cuestións de convivencia é axuda, que permitiu identificar o pobo vasco, o sentido vasco, mais aló das épocas e rueiros; tamén do espazo educativo como transmisión de saberes culturais, garantindo a permanencia da identidade no mundo das relacións.

Enorgulleceme, como fillo de Fornelos e nado no mesmo eido que el, como naqueles tempos 1.840 – 1.870 comenta, eran minifundistas como nós, e sen embargo, alí en Bahía Blanca crean a Unión Vasca de Seguros Mutuos pagando 1.800 pesos pola súa legalización no despacho de este fillo de Fornelos da Ribeira.

No Repositorio Documental Gredos, da Universidade de Salamanca se lembra a correspondencia con Pedro Dorado Montero é no FPDM de este con intelectuais hispanos.

Nos Estudos Interdisciplinarios de América Latina, da Universidade de Santiago, se referencia a este fillo de Fornelos en Redes Sociais en Bos Aires entre 1.904 a 1.936.

Este emigrante honrando a súa aldea, aparece como notario o 1 de marzo de 1.913 na Sección Oficial do Colexio Notarial de Barcelona, Sección doutrinal “La Audiencia en Peligro”. Y outros escritos xurídicos na Sección Bibliográfica de Noticias.

Na Biblioteca Oficial da República Arxentina de 1.901, Sección 1, librando oficio do Ministerio de Mariña. É buscando na Biblioteca Nacional de Mestres, do Ministerio de Educación e Deportes da Presidencia da Nación Arxentina, un traballo xurídico sobre “Donaciones”, en 1.901, así como en Manual de Dereito Notarial, citado por Pelosi da Facultade de Dereito da Universidade de Córdoba, na Arxentina.

Este fillo de Fornelos da Ribeira, que o pobo honrou con unha placa, na capela Santa Rosa do eido onde foi nado, tamén o lembra a revista Lexislación é Xurisprudencia na Revista España, co título: “Mi propósito”. É non digamos nas revistas culturais de Bahía Blanca durante o século XX, en “Itinerarios de la Prensa”, con a comunidade xurídica, fortalecida a partir da fundación dos tribunais Costa Sur no 1.905, fundando Xustiza e logo Foro e Notariado, 1.912 ata 1.920, circulando Xustiza ata 1.931.

Este é un aporte o bo facer de esta insigne fornelense. De momento nada mais.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion