Josefa Saturnina, Unha nai coraxe

Josefa Saturnina Estévez Costas, foi nada no rueiro do Rabelo, da parroquia de Tortoreos, do Concello de As Neves, en tempos politicamente revoltos. Seu pai, Manuel Estévez Cambra, era membro fundador da “Unión Rexionalista das Dereitas” de Vigo, da que formou parte, e hoxe forma parte da historia da vida local viguesa. Esta muller ben merece ser chamada Nai Coraxe, polos esforzos, na educación e formación dos seus fillos.

Pasou os primeiros anos neste rueiro do Rabelo, o carón de seus pais, é da tía Pepita Cambra Muñoz, administradora entón, do pazo da Mercé, falecéndolle a súa nai moi noviña, enterrada no cemiterio de Santiago de Tortoreos, onde repousaba a sombra dunha roseira que xa non está (D.E.P.).

Trasladada a Vigo cos seus irmás Manuel Alfonso e Rosa Virginia, para recibir ensinanza é formarse como persoas de ben; así o fixeron baixo a nobre mirada da familia, María del Pilar e Ildefonsa Alonso Cambra, do eido do Casco, en Fornelos da Ribeira, en Salvaterra do Miño. Familia que levan gravada no corazón ata o final da vida, como así o fixo Josefa Saturnina.

Josefa Saturnina Estévez, formou o seu fogar en Vigo, percorre diversas cidades do pais por motivos de traballo do seu home, nacen cinco fillos é se asentan en Santiago de Compostela, onde residen, para que os fillos se fagan universitarios, como así sucede.

Con moita fe e tesón, o primeiro fillo, Javier, estuda medicina é se doutora; faise especialista cirurxián en vías urinarias; participa como especialista en diversos estamentos médicos é se asenta en Andalucía. José, fai o bacharelato superior e reside na A Coruña onde traballa; Manuel, faise doutor en Física, é Astro físico da Nasa, conxuntamente coa súa dona tamén Física. É un grande especialista en Óptica, reside na Grande Bretaña; María del Pilar, doutora en Dereito, especialista en Dereitos Humanos, reside en Cataluña, é por último, Carlos, tamén licenciado en Química, reside en Santiago.

Esta nai coraxe, co seu home Javier, levaron sempre a tarefa de honrar a terra onde fora nada caladamente, de visitala, é engrandecer a familia a pesares dos moitos sacrificios, tanto dela, como do seu home, facendo homes e muller de ben, que non é pouco, nestes tempos que corren, lamentablemente.

Hoxe, 20 de Setembro do 2.016, esta nai coraxe, finou o seu peregrinar por este Planeta Terra, na capitalidade galega, de madrugada, arroupada polo seu home, Javier Ulibarrena Martínez de Ibarreta; os seus fillos: Javier, Manuel, José, Carlos e María del Pilar, acompañada dos fillos políticos, Natividad, Susi, Francisca, Natalia e Toni; dos netos Andrea, Andrés, Jacobo, Edgar e Roi; dos seus irmás, Manuel Alfonso e Rosa Virginia, é dos irmás políticos, sobriños, primos e demais familia. Todos arroupados a esta intrépida muller, que nese viaxe de ida sen volta, aquí a lembran con intenso cariño, pola súa enerxía e o seu amor infindo, para todos, tanto para os fillos é netos, como para os demais, e que unha man cruel do destino, castigou coa morte, severa, sementando penas é estragando ilusións a todos, para sempre (D.E.P.).

Miña irmá: Coas bágoas nas meixelas ata verte o teu lado, non te esquecerei ¡Nunca!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion