O cortello do lagarto

lagarto¡Ilusión ou realidade? ¡Que sei eu! O cortelliño do lagarto era un tipo de hábitat que tiña o lagarto no eido dos Cambra, no meu rueiro do Casco en Fornelos da Ribeira… é tamén podería ser familiarmente falando a vivenda dos Estévez Cambra que en ela viviron ata a morte de toda a familia. Tamén podería chamarlle a casa solar, propia da Idade Media Alta, cuxo apoxeo deuse no século XVIII, de tal modo que o cortello do lagarto equivale, neste caso, o pequeno núcleo no rural para gardar o gando, rodeado de campo de cultivo daquel minifundio da época.

O cortello pois, tamén equivale a casa solar edificada segundo as necesidades, dando resposta funcional de aloxamento familiar. O cortello do lagarto tamén ten a súa orixe na eira, o pe da camelia secular, onde saía a tomar o sol, cando, polas tardes, repasábamos a Xeografía, naquel silencio, rodeado de viñedos que tanto gustaba ver.

Pasaron os anos, fíxenme vello é lémbrome daquel lagarto que cambiaba da cor cando quería. É tamén me lembro de votarlle auga que el evitaba. Moitas veces o observaba collendo insectos, é tamén haber asistido as pelexas tirándolles pedras. ¡Cousas de rapaz!

Seica algúns paxaros detectan a luz polarizada do sol que lles serve para orientarse; quizais outros animais tamén o campo magnético da Terra, é ¿os lagartos tamén?

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion