Vinde todos

amanecer en condado de salvatierra de miñoE unha terra que esperta simpatía de cantos a visitan. A Paradanta é diferente, con suaves e singulares vales, terreos de viñedos bañados polo río Miño, como pai de todos nós.

A dispersión dos rueiros das nosas xentes é unha das nosas singularidades. Baste falar da existencia de pequenos rueiros so con rango parroquial, nada mais.

A nosa Historia, non a podemos medir polos reis, aínda que os houbo, os condes, si os houbo, senón, polas etapas dos aconteceres das nosas xentes anónimas protagonistas de todo, incluída as festas.

Si houbo coordenadas no noso proceso histórico que trocou durante séculos o medievo, movementos, parte substancial das nosas vidas. O Condado de Salvaterra do Miño e a Paradanta, foron testemuñas da e migración a América, a diferenciación da nosa lingua galaico portuguesa, é o renacer literario coa recuperación do noso idioma actualmente oficial.

Chegar O Condado ou a Paradanta é fácil. O traxecto dende Madrid por estrada, aeroportos Lavacolla de Santiago ou Peinador en Vigo, rede ferroviaria ou Porto de Vigo, con escala obrigada, así como de modernos autobuses repartidos por tódolos rueiros e municipios, son unha Oferta moi interesante.

As diferentes civilizacións nos deixaron os seus vestixios de séculos pasados. Os romas o barroco, a paisaxe con que a Natureza nos obsequiou enriquecéndonos cos pazos señoriais, cos canastos (Hórreos),cruceiros, fontes, petos das Ánimas do noso popular arte.

Tanto a Paradanta como O Condado, forman parte dun pobo alegre con un cómputo anual de festas importantísimo con elementos da cultura tradicional, que unido a unha inmensa variedade gastronómica onde se manteñen os ritos relixiosos co profano, fan desta terra un expoñente dos magníficos alimentos, como o polbo, sardiñas, lamprea, pescada, troitas, marisco, pataca, queixo, pan, mel castañas, pementos, fabas, grelos, empanada, coas festas do lacón, do cocido regadas sempre co viño D.O. Rías Baixas do Condado. Sen esquecer os augardentes que enaltecen a “queimada” no rito de cal quer celebración.

O Condado de Salvaterra do Miño é a Paradanta forman un pobo mozo, de espírito mozo, que van encamiñando os seus pasos camiño da modernización.

Hoxe a oferta cultural é variada, as asociacións culturais, veciñais e deportivas colaboran a vida dos nosos rueiros. É no territorio socio económico, O Condado está en óptimas condicións das incorporacións de modernas tecnoloxías que farán pleno emprego da súa potencialidade.

Por iso, ven merece unha visita, porque quen nos visitou sona con volver a el.

Pola miña parte, vinde a admirar a beleza destes paisaxes, as xentes dun modo natural, porque viven en contacto permanente coa natureza, e fan do territorio, uns rueiros alegres é harmónicos que apetece visitalos. Tanto a Paradanta como O Condado ofrecen ademais, unha riqueza artística inusitada, paraxes de interese ecolóxico, vales e montañas cércanas as vilas municipais, e grandes cidades como Vigo ou Tui é Baiona, como centros turísticos do Sur de Galicia. ¡Vinde a vernos! Os esperamos con agarimo. Grazas.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion