Os arxentinos de Fornelos

bos aires arxentinosTal como o lo digo, dos nosos irmás, emigrados en Bos Aires que supuxo un aporte cultural no século XX. O paradoxo está nos rexistros oficiais que quedaron sumidos na natureza española aínda que todo o español fora galego.

Fornelos da Ribeira, entregou homes e mulleres dende a expedición de Magalláns é Elcano, que estiveron cos misioneiros chegando en buques a finais do século XVIII. Ata teño unha lixeira idea de que algún intentara colonizar a Patagonia no 1.778 con outros patrucios históricos como Monteagudo ou Ribadavia, por exemplo.

Fornelos da Ribeira no século XIX, onde os nosos irmás, “non piden, emigran”, é hoxe unha lembranza de todos aqueles que viviron de meniños en Bos aires durante os 50 anos, os sons as cores e os sabores da terra que viviran o nacer. Eu me pregunto ¿Quen non ten, entre lembranzas da infancia, os sons das campás da igrexa de San Xoán e as festas da Nosa Señora das Dores, en As Fraguiñas, a capital da nosa lingua?

Daqueles fillos son hoxe os netos e bisnetos arxentinos que, de cando en vez, veñen chegando a nós, en procura das raíces da familia.

Naquela terra arxentina, se foi formando a comunidade galega cos seus actos culturais, folclóricos e políticos. É naceu o Bos Aires Galego, porque foi sempre o Bos Aires, a clave dos nosos irmás involucrados no exercicio da memoria galega. É posiblemente, a cidade galega mais grande do mundo sexa Bos Aires.

Di Xosé M. Núñez Seixas, sobre a orixe da “historia das sociedades” cuxos persoeiros excepcionais foron os mecenas da nosa cultura e pilares na Arxentina da realidade galego porteña. Recolle moi ben Xosé M. Núñez Seixas o panorama social da nosa emigración dende 1.750 – 1.930; a participación tanto na época colonial coa contribución emigratoria e a participación dos chegados o Río de la Plata, entre os que se encontraban algúns dos nosos irmás. Fornelos da Ribeira a través deles, asentados na cidade uns y nos arredores outros, a participación pioneira galega, con os seus saberes e entenderen. I é, que os nosos emigrantes deixaron o selo de onde eran é de onde viñan, ocupando servizos e sendo pequenos comerciantes. É si os irmás Xosé e Manuel González, fillos desta terra, no século XX, dispuñan dunha fábrica de Ferramentas na rúa Buen Orden, boa parte dos nosos emigrantes utilizaron a fábrica como a porta de entrada laboral.

De Fornelos da Ribeira foron xentes de tódolos niveis sociais sabendo ler e escribir; pero para os arxentinos eran aldeáns, servís é miserables. Así os trataban.

Xa en 1.866 “Le Courrieri de La Plata”, sinalaba que eran porteiros, serenos é criados. Pero dende finais do século XIX estes nosos paisanos na Arxentina, educaron é prepararon os seus fillos para a Universidade. Un exemplo é a do meu parente Xosé María Estévez Cambra, irmá de Rogelio, notario en Bahía Blanca, que non só inculcou os seus fillos a nacionalidade hispano arxentina, senón tamén coa súa Librería Cervantes, sostivo os estudos universitarios, alcanzando hoxe mais de 21 Estévez Cambra en Bos Aires, algúns extraordinarios expertos na avogacía, así como da familia Xoán Cambra e a súa filla, Sara Helena Cambra Kenedy, oriúndos desta terra, dos que tiven a sorte de coñecer nas súas visitas a Terra Nai.

Manuel Puente (1.890-1.970), nado en Salvaterra, fundador da Cámara de Comerciantes Republicanos Españois, Sestelo, Piñeiro, é outros mais.

Sinala Susana Belmantino, algunhas das característica dos nosos emigrados, como a Asociación Española de Socorros Mutuos de Bos Aires fundada en 1.857 é os chamados “Socorros en Metálico” a prazos curtos, funcionaban por do quer.

O Centro de Renovación de Salvaterra na que estaban os fornelenses, foi o eixe da vida, como exemplo de superación. Todos encheron de luz co seu arraigo, creando unha Arxentina próspera coa súa honestidade, seus sacrificios que foron a carta de presentación en todo o mundo.

Eu, dende aquí, envío a miña modesta contribución, destinada a render tributo os nosos irmás, que deixaron na Arxentina a semente para o desenrolo de esa tamén patria nosa.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion