Portugueses en Fornelos

portugueses salvaterra

portugueses salvaterraDedicado os meus amigos portugueses que me len pasando o río Miño. É moi pouca coñecida dada a ausencia de datos específicos pero é a contra corrente dos nosos fillos no Porto e Lisboa, na mesma época. Porque os traballadores portugueses en Fornelos da Ribeira foi potenciada pola afinidade da lingua, das costumes, e da medida que a historia común dos serradores e pedreiros que percorreron a nosa terra, na busca de traballo, e que algún o final acadou na nosa terra. Mesmamente houbo exiliados que, incluso, editaron un xornal para España e Arxentina: “REBELIÂO”.

Milleiros de portugueses en Vigo (1.927), Tomiño (1.933), Tui (1.933), cos seus Centros Portugueses. É, como digo, en Fornelos da Ribeira, Manuel Barbosa, Xosé da Silva, coñecidos pola súa ideoloxía de esquerdas. Cabería si acaso, unha reflexión sobre as modalidades da represión mortal, que describe X.M. Sigüenza “Guerra Civil de 1.936” nas parroquias de Tui e Salceda.

A Xosé da Silva González de 41 anos, canteiro e veciño de Fornelos, foi procesado e fusilado, ademais de embargarlle os bens por responsabilidade civil.

A Xosé Silva de Pías (Ponteareas), canteiro, condenado, a Manuel Barbosa de Salvaterra, condenado, como o anterior. A Xoaquín Correa Sousa de Ponteareas, serrador procesado e conmutada a pena. A Antonio Lorenzo de Ponteareas en rebeldía. A Antonio Pereira Ramos de Ponteareas, xornaleiro, procesado. Xosé Gonçalves Garmel, canteiro e veciño de As Neves, como todos os demais.

Esta é a triste historia relacionada na identificación co goberno portugués, é estes veciños nosos, como vítimas propiciatorias baixo o marxismo é o “poder democrático”.

A min no cabe na cabeza aquela triste e lamentable realidade ocorrida nun pais con tanta sensibilidade relixiosa; é me pregunto : ¿Ata onde a forma das persecucións nos veñen a confirmar a ausencia dunha fronteira na vella Galicia romana, entre os estados español é portugués, fronteira que onde hai río chamado Miño, e onde non hai se chama raia?

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion