¿Sabedes algo de quen é o barón da sardiña caneada?

baronOs lo vou a dicir eu. Este que di ser O barón da Sardiña Caneada, e un pobre escritor, poeta e revolucionario de salón, que tivo a virtude de encher a súa vida de certo misterio. Xa, antes o habían feito outros. É posiblemente tamén outros antes de vir o mundo este pobre demo. Foi nado do ventre da súa nai unha mañanciña de Xaneiro baixo a responsabilidade do seu pai. Isto é certo. Posiblemente a falla de equilibrio animou a súa nai e seu pai, dentro de esa humilde e sincera aldea, a una nova vida co seu nacemento. Neste caso con v.

Xa nos primeiros anos de vida, a súa madriña, solteira empedernida (con todo o meu respecto), por non pecar, vira no seu afillado unha compañía que ía a durar, como así foi, ata os 20 anos. E digo afortunadamente e agradecido. Pola outra banda, tanto a súa nai como seu pai, manifestaron a súa satisfacción pola efectividade da madriña.

O meniño se instala pois na aldea o carón da familia, nun rueiro asentado por unha exemplar familia burguesa, vinda a menos, pero que deu exemplo de fillos na América, mais concretamente na Arxentina, por onde aínda aparecen mais de 20 nomes cos apelidos. Hai que ter en conta tamén, que alí os descendentes se acolleron os dous apelidos do pai.
A vida de que ía a ser O barón da Sardiña Caneada non estaba escrita. Certamente. Pero si é certo que andando o tempo, dentro das calamidades políticas de entón, pasa a fermosa cidade de Vigo, para estudar e ser un home de proveito; ademais, aprende co pintor Colmeiro, a pintar lenzos, faise reporteiro dun xornal republicano convertido o franquismo pola graza de Deus, como rezaba nunha moeda da época.

É debeuse arrastrar pola chamada esquerda que xa lle quedou impregnada na mente ata a súa morte, que a de vir, o queira ou non.

Parece ser que, O barón da Sardiña Caneada non pega moito cos seus pensamentos; é certo, pero non é menos certo, que soamente é para este “asunto” como pseudónimo, pois como sempre dixo, todos nacemos e morremos da mesma maneira: iguais. Neste caso non coincide para nada coa marquesa roxa andaluza. ¡E que falta lle facía para dar que falar!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion