O arte do bo vivir no noso condado

condado de salvatierra de minhoSempre houbo na nosa terra do condado de Salvaterra e A Paradanta, filósofos do bo vivir.

Hoxe dáme a risa daqueles filósofos a xeito, namorados da terra que non tiñan quen lle puxeran o pé por diante. Algúns deles, lémbrome hoxe os meus oitenta e catro anos, como xa de picariños sostiñan non so o xogo do pión, senón a picardía de alumear é ligar a súa amizade coma se fora “bizgo” para cazar pardais.

Eu, aínda me lembro, daqueles que na súa adolescencia facendo “cara a vida”, arrimaban o lombo para conseguir o pan de cada día, como Deus manda, é aproveitaban para estar xuntos, tomar un vaso de viño tinto, é namorar dabondo as raparigas que se lle puñan por diante. Non me esquezo non, nin tampouco vou dar nomes. Non quero ofender a ninguén, pero, por aqueles anos soaba a “Internacional”, alí, precisamente, onde mais dunha meloxiña aprendera a escoitar verbas: ¡Que ten a miña vidiña!

Aqueles xoves, tiñan tanta malicia é o arte do “demo”, que daba cobiza velos, pois o mesmo facían o “pisca pisca” co ollo dereito que co esquerdo. ¡Canta picardía, diría o señor cura! É, si so fora iso, pero daquela, cada caída de ollos electrizaba as almas secretas que manexaban con moito xeito que merecían a esmola dunha ollada, é un rubor dos seus beizos .¿Ou non?

Aqueles xoves xeitosiños andaban de romaría en romaría, sen vivir do conto, como se di hoxe, nin tampouco andaban metidos nas “miserias de hoxe”. Eles sabían de memoria o mes, o día e a hora de festexar os santos, para atoparse alí, e ser obxecto da mais agarimosa das mozas no torreiro. ¡Alguén pensa en As Fraguiñas! Non estaría mal.

Non digo mais que eran tres amiguiños das festas que nada mais sentilo o estralo dun foguete para dar o esquinazo o choio ¡Que traballara Rita!

Lémbrome ben do mais pintureiro que axiña sentía os foguetes, endilgaba no garboso corpo o mellor traxe, pois estaba convencido de que gustaba as rapazas. Agora ben, cando perdían o sentidiño, se xuntaban tódalas amigas para parolar é bailar con eles. Daquela dábase mais pote co de costume; é tamén, un que outro desengano, é coitadiñas que non lle deran creto as melindrosas “liortas” estaba moi mal.

Penso eu, que así foron facendo ano tras ano, sempre xuntiños, deixando contentas as meniñas daqueles tempos. E xa cando a alborada, rendidos tocaba a retirada, e n voz baixiña contentos das falcatruadas, renovaban o voto de dar por vida endexamais é xunguirse a unha soia. ¡E cando eles dicían de que eran as mellores “fondas” súas razóns tiñan!
Non faltedes pois nin hoxe nin maña, rapaces e rapaciñas a “Festa de San Queimadiño do Grelo” tendo en conta que en cal quer rueiro do Condado hai mais campo para facelo é con boa música, si cabe.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion