Sofía Rodríguez Suárez

pregon Sofía Rodríguez SuárezÉ unha das nosas promesas nada en 1.973 na nosa bendita terra. Por iso sae aquí. Licenciada en Historia Moderna, pola Universidade de Santiago de Compostela, traballa como bibliotecaria municipal en Ponteareas, e nos honra cos seus escritos e comentarios.

Xa fai tempo que apaguei a cabicha no cinceiro, é algunha vez asubioume na orela que Sofía, tiña publicado a Historia de Salvaterra no 2.007, editado o traballo pola Deputación Provincial de Pontevedra, e é, ademais colaboradora da revista “Pregón”.

Sei tamén, que no 2.011 gañou o V Premio “Fermín Bouza Brey” polo traballo: “ A vida e as xentes de Ponteareas a través das páxinas de El Tea”.

Eu que gozo coas xentes entusiastas da cultura non podo mais que recoñecer a súa obra, empezando pola Illa de San Simón, onde, unha vez mais, observa os eucaliptos, a brisa do mar, na que espertaba de medo no inverno coas bágoas traidoras das meixelas, ben sabe ela ¡por que!

Tamén do guía melenudo explicando a “historia da Vila”, namentres falan os trobadores do “Mar de Vigo”, é se empapaba ben do contido daqueles ¡fillos da puta!

A Asociación Española de “Amigos dos Castelos”, fala pola boca de Sofía Rodríguez Suárez, tamén do recinto amurallado do castelo de Salvaterra na Idade Media. Fortificado no 1.640.

En “Idea Republicana”, esta nosa amiga, fai memoria dos “Ninguén do Campo Andaluz” (1.914 – 1.949) como investigadora da represalia franquista na provincia de Almería. ”Memorias do Ninguén” da nosa Historia Contemporánea. Igualmente o fai, na revista nº 3 de “Soberosum” recollendo o “Censo de Floridablanca” en Salvaterra, así como “Fornelos da Ribeira”, concello constitucional do amigo Michael Skinner Pérez, onde reside habitualmente.

Non sei si será pola idade, pero o caso é que me emociona ler, ver e escoitar como a cultura na nosa terra se ergue de cando vez; neste caso con Sofía Rodríguez Suárez para quen vai os meus parabéns, como un humilde escritor, que vive no “reino dos sonos”. E digo ben, porque as primaveras vividas de meniño en Fornelos, chuviosas e tristes, serven agora para contar alegremente as actividades que realizan os meu conxéneres.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion