Nesta hora: decembro do 2.016

decembro navidadeO home, amigos meus, é un proxecto por ser o único da terra, é non so pola súa innata programación xenética.

Tamén o é, pola riqueza espiritual e polas súas virtudes. É porque é así o dinamismo da vida, fundamental pata ter conciencia da realidade, buscando a verdade, elaborando experiencias é brindando amor profundo a terra onde foi nado.
A Humanidade pasou vertixinosamente de estilos de traballos, hoxe entre artesanal é tecnoloxía, informática e robótica.

A mentalidade xeral está impregnada cada vez mais de pragmatismo e de afán de éxito, eficiencia e tamén empobrecemento das institucións e da humanidade, cada vez mais.

O debilitamento das institucións como transmisores do patrimonio cultural, contribuíron, como se ve, o desarraigo, desorientación e falla de ideais, en numerosos casos.

O home hoxe, non chega o seu nivel verdadeiro, plenamente humano pola cultura, polo cultivo de bens e valores naturais que formaban a “conciencia colectiva”.

Eu, amigos, dende o Condado de Salvaterra do Miño e A Paradanta, quero demostrarlles a todos que a fidelidade viva é a herdenza das nosas tradicións, favorece o dinamismo e a expansión da nova cultura. Así o 7 de Febreiro de 1.869 na “Historia de San Antonio de Areco”, en Arxentina, Xosé María Cambra e Rivas, do eido solar de O Casco en Fornelos da Ribeira, como cura párroco bendiciu o 9 de Xullo de 1.870 a igrexa parroquial coa asistencia de Manuel de Guerrico en representación do gobernador da provincia de Bos Aires.

Enterrado de como “colectivamente”, en San Antonio de Areco, na Arxentina, coa súa cultura colectiva foron alcanzando os seus obxectivos, e que Xosé Hernández, cita en “Mellizos de la Flor y Fausto”; unha das mais belidas poesías arxentinas, vinme en recollela.

Síntome fortalecido coa presenza de descendentes familiares por parte da miña nai, con Manuel Carballido, oriúndo do concello de Mos, quen dona “Cruzando la Laguna de Tandil”, un lenzo pintado o óleo por Sívosi que aínda adorna a Sala Güiraldes,(Xiráldez), descendentes da vila de Porriño. Hai que ter en conta que en San Antonio de Areco eran entón 960 veciños é que o Pago tiña moitos facendados con 45 eidos de ladrillo, é que na “Historia de Correos y Telégrafos de la República Argentina”, o describe Ramón de Castro Estévez. (Documentación transcrita por Graciela Stachino e Natalia Agostino, para a Dirección de Turismo de San Antonio de Areco, 2.009 é 2.010).

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion