A familia Cambra no ano 1.865

cambra
Recollida na www.memoriademadrid.es (El Pensamiento Español). En “El Pensamiento Español” do xoves 8 de Setembro de 1.865 e fechado en Tui, aparecen Clemente Cambra, Rosa Rivas Argüelles, Francisco Cambra, Pilar Cambra, José María Cambra, Jesús Cambra, Ricardo Cambra, Manuel Cambra, Josefa Cambra, Rosa Cambra (miña bisavoa), Juan Baustista Cambra, e Ignacio Estévez Castro,(meu bisavó), contribuíndo con 24 reais, como fieis fillos da Beatitude do Santo Pai, que acoden a consolalo pola amarga tribulación, e a fe mais viva nas promesas do Noso Señor Xesucristo, e o amor acendido e o mais profundo respecto o seu Vicario na aterra, a quen recoñecen e confesan Cabeza visible da Igrexa, e lexítimo Soberano de tódolos “Estados Pontificios”; o mesmo das que aínda posúe, que daquelas que sacrílegramente foron usurpados.

É, de admirar, como esta miña familia, da cal descendo, cre todo o que lle din, prometen vivir e morrer en perfecta obediencia a Santa Sede. É non so o dixeron, senón que, así o fixeron. E piden, a aqueles ingratos fillos que o abandonaron, lle outorgue a eles, e a tódolos católicos españois, vosa santa apostólica e paternal bendición na Festa da Natividade da Santísima Virxe, en Madrid, xoves, 8 de setembro do ano de graza de 1.865.

É dende Ponciano de Arciniega, bispo de Mondoñedo ata o bispado de Tui, coa miña familia pasando por España enteira, milleiros de xentes de boa fe, contribuíron con un real, vinte ou 24 a este chamamento do “El Pensamiento Español”.
Teño que recoñecer que Francisco Cambra, foi sacerdote católico. José María tamén sacerdote católico, en El Azul, Arxentina, é Ricardo e Manuel Cambra tamén foron sacerdotes católicos, descoñecendo as súas labores pastorais que algún día non lonxe atoparei.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion