A realidade social da morte na nosa terra

cementerio morte
Secuencia da Igrexa Católica, como instrumento parroquial.

É esta institución parroquial non so de carácter material ou económica, como edificios, cemiterios, ritos. . . senón, na construción do sentido de “acompañamento” que produce a palabra e os ritos. Así temos a: “Recomendación da alma”, “a extremo unción”, “as oracións” é bendicións; é ademais, as expresións artísticas con unha ornamental “ambiental”, pola proximidade corporal do morto e os acompañantes.

Basta velos nas nosas parroquias, nos diferentes percorridos feitos co cadáver, o cortexo fúnebre, a homilía e a misa funeral, acompañados por cánticos apropiados para a ocasión.

Ademais, os “devidos” polo defunto eran vinculados o número de “oficiantes” do funeral, e a celebración dos ritos de inhumación, co cal se vinculaba a relixión co enterramento. Aínda hoxe, se segue nalgúns casos o indicador da estima e o recoñecemento social do defunto. A publicación das necrolóxicas, hora e lugar, notificación da familia, onde traballaba, é, en ocasións a asociación a que pertencía. Os agradecementos. . .

Falando da “necrolóxica mortuoria”, ten esta, unha longa traxectoria nas nosa terra, na que domina a simboloxía relixiosa e siglas: RIP, DEP, q.e.p.d. Amén doutras significativas consideración literarias.

Todos este elementos contribuíron a que “no outro lado da morte”, deixara de ser un eido non marcado na ignorancia, impenetrable, un feito sen sentido.

As expresión de dor dos familiares e amigos, tiñan é aínda teñen, un significado mais aló do dramatismo. O loito, contribuíu a realidade da vida ,como principio e fin. É propón diferentes formas de realizar o proceso de vivir, convivir e sobrevivir o morto.

A Igrexa Católica sinala “a fugacidade” da vida, da morte corporal material, e da importancia da conduta terreal, para merecer “a vida eterna” que pertence o invisible, como transcendencia no espacial e temporal. Todo un programa do código básico dos sistemas relixiosos, morte, xuízo, inferno é gloria.

Agora tal como está construída a realidade da morte vamos camiño do grito de don Miguel de Unamumo: “Non me da a gana de morrer”.

Hoxe desapareceu da realidade da morte, entre outros porque:

    – A morte sexa un problema da vida despois da morte.
    – A morte como secuencia lineal vinculada os procesos conscientes é evolutivos das xentes.
    – A morte despoxada de cal quer busca sentido; de feito no proceso é unha produción temporal.

Hoxe, aparecen ante os nosos ollos, unha ampla gama de “portais”, que nos introducen nas empresas funerarias, tanatorios. . . con diversos servizos, con programas, citas, cemiterio, investigación artística, astroloxía e historia, acompañadas dalgunhas cousas mais.

Cando menos, hoxe, a xestión da morte vaise alongando un pouco mais do tradicional, transformada a morte, noutra clase de vida. Aquí, nas nosas parroquias do Condado de Salvaterra do Miño e A Paradanta, a morte desaparece oculta; o único importante son os vivos, a súa comodidade, a súa intimidade, porque o morto xa é obxecto da “tanatopráxia”.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion