Os Petelos, O Bolo, O Petote do Pote

lacon con petelos
Non é unha delicia do Condado e A Paradanta, non.

Tampouco é un elemento das romarías nin un “bolo de mel con froitas secas”, senón O Petelo de A Cañiza do habitual cocido que en tempos de fame se facía en cada eido, con fariña de millo é centeo que pola bisbarra do Condado de Salvaterra do Miño, recibía o nome de O Bolo é na Paradanta O Petelo, é nalgunha que outra parte, O Bolete do pote, que viña a substituír as patacas.

Petelo, bolo, bocho do pote, nos anos de 1.930 adíante, se facía tradicionalmente co cocido nos meses de inverno.
O Petelo de A Cañiza, é un chamado pan diferente. ¡Tan diferente! feito na ola do caldo do cocido é con aroma e sabor. No eido de Cambra no meu Fornelos natal, algunha vez se fixera dende que teño memoria e na miña estadía no Rabelo de Tortoreos tamén.

Basicamente, O Petelo ou Bolo, non levaba mais que fariña, canela e sal, amasada en auga do cocido do caldo é cocido. Nunca me gustou.

En A Cañiza se celebra a Festa do Lacón con Petelo, chourizo, tetilla, marmelo con mel é noces, é viño da comarca. Incluso teñen “O Petelo de Ouro”.

Petelo, Bolo, Bolequiño, posiblemente algún nome mais. Petelo ven de “petelar”, mazo de madeira para abrilos ourizos. Bolo, redondo ou alongado é pequeno. Fora da nosa bisbarra “Petote”, como prato ancestral adoptado os novos tempos. Como os nosos.

De feito Petelos, de Mos, veña do Petelo é Viana do Bolo veña dos bolos, ancestrais no tempo, é reclamo hoxe en A Cañiza coa Festa do Lacón con Petelo; cada ano no marzal.

Na miña memoria teño o presentimento de velo facer algunha vez cortadiño en rodelas para acompañar, a falta das patacas. Sempre e bo un par de petelos.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion