Non mentir os meniños

benestar nenos meniños
Porque os mais pequenos so fantasían, pero a partir dos oito anos aprenden a mentir.

Na miña xuventude de profesor, tiven a curiosidade de observar o aprendizaxe é desenrolo dos meniños, segundo ían atravesando as etapas, é non lles podías pedir que non mentiran aínda que debías educalos durante o crecemento nos valores da sinceridade, para que dixera o que pensaba, é logo, facelo de maneira clara é educada.

Nalgunha etapa da miña vida, preguntei me: ¿Que esconde a mentira dun neno? Pois, unhas veces, evitar un castigo, unha reprimenda; outras, chamala atención, para imitar os pais ¡Que sei eu!

Os meniños, non todos, pero si algúns, teñen a tendencia a negar o que os pais din, como algo certo. É o que soe mentir, soe esaxerar a realidade. Si o coñeces ben, saberás cando está mentindo, é polo tanto, en ton divertido lle dirás “habelo pillado”.

Esta historia que pertence os psicólogos, encaixa perfectamente cando “ti es o seu espello”. Polo tanto, ser sincero, nobre, honesto, aínda nestes tempos que corren, o que ven costa pouco deducir que as mentiras están o seu alcance.
Na realidade, amigos, o único no que mentir é serio e que pode ser difícil de reconducir é, cando se da como consecuencia de que o neno ou mozo non distingue a realidade é a mentira, pese a ter a idade suficiente para sabelo. Neste caso, el, non ten conciencia de estar mentindo o que é grave, é polo tanto, faise necesaria a axuda dun psicólogo que valore é elabore a estratexia mais oportuna para corrixir ese comportamento.

Dende logo hai que comprender as motivacións é fixarse nos argumentos que usa o meniño para xustificarse. É, tamén, si se ten que cambiar de opinión non se avergoñen, o contrario te engrandece.

O diálogo hoxe, sabemos todos como está, pero non esquezamos que é cousa de dous. É ningún está por riba do outro. Nunca menosprezades a opinión do fillo, nin tampouco “eu o teño claro”, antes de falar. El é so un neno.

Eu non son psicólogo pero os anos me ensinaron a que entre os 3 e 5 anos, os nenos confunden a realidade coa fantasía. Por iso con ven ser tolerantes. Dos 6 os 8 xa menten, para evitalo, unha “reprimenda” dicíndolle que non aprobas a mentira.

Xa son vello, pero na miña xuventude non me gustou castigar por mentir. Así entenderon sempre que saía mais a conta dicir a verdade que contar verdades ou mentiras a medias.

Hoxe observo, como moitos pais deixaron de ser o espello dos fillos. ¡Da pena! É todo porque hoxe os pais perderon as composturas, a serenidade a honestidade, e un sen fin de cousas mais.

Pensade, unha vez mais, que os meniños so pensan en fantasiar, pero a partir dos 8 anos aprenden a mentir, case que sempre para aforrarse unha reprimenda.

Deixa ver que a verdade saia mais a conta, e de exemplo, ante os momentos adversos deste mundo en que vivimos…

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion