A docencia no Condado de Salvaterra

escola lourido docencia
A verdade é que fartamos os meniños de fórmulas, datos é esquecemos ensinarlles a “reflexionar”, ¿Ou non?

Eu lémbrome de meniño, que aprendiamos como os loros os nomes dos ríos, as montañas, é non sei cantas cousas mais, pero non os problemas é os beneficios que aportaban, naqueles tempos dos anos 30 – 40 da nosa triste historia, na que aprendíamos a ler de “memoria”, pero non se impulsaba a “compresión lectora”. Así estaba. Xa daquela, pensaba eu, en que os meniños so necesitábamos un método de ensinanza. ¡Grave erro! pero mais grave foi o cambiar de plans cada dous por tres que non era bo para os nenos.

Sempre me gustou a ensinanza é a fun seguindo en varias etapas da miña vida; en todas elas, vin observando confusión é fracaso. É son moitos os anos é demasiados anos de resultados negativos observados.

Se foi cambiando lentamente, é hoxe, os recortes seguen castigando a ensinanza. Os mestres, dende logo, necesitan tamén compresión é axuda nesta merenda de negros coa ensinanza.

Eu quero enviar dende aquí, os docentes do ensino do Condado de Salvaterra e A Paradanta, o meu recoñecemento a todos na esperanza de que algún día mellorará o sistema.

É, por suposto, a escritora Ana María Matute, a mais importante muller da lingua castelá, que relata como gusta de tratar os meniños, os meus parabéns, de como empezou ela a escribir, xa de nena, é aínda cre na maxia daqueles tempos.

Un pouco maior que eu, pero dentro da década, debo felicitala tamén por aquela visita a “escola pública do distrito barcelonés de Nou Barris onde os alumnos leran El Saltamontes Verde, ardendo do desexo de coñecela é que ela responde: “Me gusta tratar con niños; me encanta porque no me tienen respeto de lo malo, me hablan de tú enseguida”.
Referencia a que ela, non so ensina o malo, tamén o bo. E iso, que falaba en épocas en que ninguén falaba de “maltrato nin físico nin psíquico”, por exemplo.

A maldade e a bondade son exquisitas; teñen poucos representantes porque son produto dunha grande intelixencia, pero a estupidez se prodiga. . . A luz da escuridade na ensinanza segue aínda e non sabemos ata cando.

Hoxe os meus 84 anos lémbrome de cando lin don Quixote. Bo, no sei cantas veces porque de meniño me obrigaron lelo, e me aburriu tanto… pero xa de mozo fun entrando na sensatez. Foi un milagre, porque dende entón fun lendo todo o que encontraba, bo e malo: a Biblia protestante é católica, don Quixote, viaxei con Sancho dixitalmente, e leo todo o que atopo diante de min. É síntome molesto cando me din que nas bibliotecas municipais están valeiras, sen lectores. ¡Que pena!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion