Ao noso carro de bois

carro de bois
Símbolo identidade da nosa paisaxe, dende tempos inmemoriais.

Por tódolos vieiros e corredoiras do Condado de Salvaterra e A Paradanta, tódolos carros, sen excepción, producían un son que se ouvía lonxe é coa gargallada cantaba mais. Aquelas nosas xentes, se erguían de madrugada é ían andando en plena lúa cos colmeiros de palla para veren mellor o camiño. ¡Que tempos!

Lémbrome hoxe, de cando meniño, a estima entre as xentes que o carro cantara, canto mais mellor, ata chegar o campo ou o monte. Logo, se engraxaba o eixo coa materia que levaban, evitando sempre a fricción entre este é as xintoiras que provocaban lume na madeira. De tódolos xeitos, o carro cando lle tocaba ir cargado, xa de herba ou madeira, costa abaixo, había que frealo, cando non o aguantaba o gando.

Lémbrome ben, como para frealo batíanlle na cuña de madeira que tiña o carón de cada par de xintoiras; despois apareceron os pasadores de ferro, que atravesaban a parte inferior das dúas parellas de xintoiras.

Era eu neniño, é gustábame observar a intensidade do canto do carro cargado. Agora ben, consumía mais axiña, o eixe é as xintoiras, debido o roce que aumentaba a temperatura é chamuscaba a madeira.

No inverno, coa chuvia o eixe mollábase é facía inchala madeira. Neste caso, co carro baldeiro é as xintoiras frosas o carro cantaba:
Se queres co carro cante
molla o eixe no río
que despois de ben mollado
canta como un asubío.

As veces nos rueiros é corredoiras coa crecida do millo, o carro se ocultaba é impedía velo, polo que se explicaba a xente que vivira nesa época, así como, se escoitaba, quen se aproveitaba parando o carro para fumar, falar ¡porque non! do veciño.

O final do século XX pasou a mellor gloria quedando illados nas aldeas.

Honremos pois, o noso carro de bois, que tantos traballos fixo en cada un dos nosos rueiros.
Para el vai esta glosa.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion