A escola pública das meniñas

escolas emigracion
Situada en As Fraguiñas, foi o esforzo colectivo no ano 1.921 dos nosos emigrantes.

Debo dicilo é digo que esta escola construíuse co esforzo dos nosos emigrantes fundadores da “Unión Progresista” reunidos entón, en Bos Aires no número 694 da rúa Belgrado con Chacabuco 955. Porque estes eran os fins pro desenrolo das capacidades intelectuais é mellora do nivel de vida da nosa parroquia.

Xa daquela, se percibía a ESCOLA é a ACCIÓN COOPERATIVA como algo necesario pro desenrolo da nosa xuventude. É debo sinalar que Manuel Puente, fillo de Salvaterra na Arxentina con outros homes e mulleres, con espírito creativo e reformador loitaron e puxeron cartos para logralo. Como así foi.

Polo que teño entendido o solar é a escola era propiedade dos veciños, pagada con cartos enviados de Arxentina pola asociación “Progresista de Fornelos e Anexos”. ¿Que pasou despois da Guerra Civil? ¿Quen se fixo cargo do terreo é do edificio? ¿De quen é?

Ben sabedes por outros edificios e predios que cumprindo “ordes superiores”, tal como pasou coa tala de árbores en As Fraguiñas, quen se levou os cartos, sen que as xentes se enterraran. Así pasou co cemiterio e outras cousas mais.

Ben é certo que ninguén se lembra da escola de meniñas (da dos meniños tampouco), é do canto da táboa de multiplicar, o paso pola estrada de Salvaterra a Ponteareas, entre as meniñas de 6 a 12 anos. Por aí aínda quedará algunha delas.
Tamén había algunhas chamadas pola mestre a orde , que o saír se transformaba en amable é franco sorriso. ¡Como era o seu deber!

Eu coñecín a Avelina Salgués Otero, “represaliada” polo franquismo na Guerra Civil, pero tamén houbo outras no proceso de “depuración” ou exterminio ideolóxico, recollido polo Centro Documental da Memoria Histórica, como Dores Soliño Pintos de Pesqueiras, Felicitas Sánchez Vicente de Corzáns; María Exclavitude Puga Devesa, de Leirado, María del Pilar González Pazos, de Salvaterra, Josefa Couto Presas de Oleiros, Luisa Álvarez Novas de Meder, e moitas mais que xa a memoria non retén. Para todas elas, o noso cariño é admiración, porque foron castigadas polo franquismo polo seu entusiasmo na labor de educar é ensinar con profundo respecto é rigor a todos nós. Para todas elas, a nosa lembranza e respecto.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion