O rueiro da Pedra Furada

Pedra Furada
Antiga parroquia, hoxe Santa María de Oleiros.

Poucos momentos da historia e literatura se revestirán de tanto carácter como na Idade Media. É foi aquí, no mais estraño, onde a mentalidade medieval deu certo estetísmo para hoxe falar do rueiro da Pedra Furada que o Ceo dominando a terra, é o espírito dominando a materia, castelos, familias fidalgas, fixeron que a encarnada fe, non so se alimentara de abstraccións da Lúa, porque naquela época, Deus era o señor feudal é a relixión o vínculo. Despois viña a historia e a lenda de canto acontecía.

Pedra Furada, historicamente era territorio da familia Avalle, en tempos dos Reis Católicos. Non fai moito tempo, tamén que a “Fonte do lugar do Monte”, pasou o rueiro da Pedra Furada por mor das obras do Porto Seco.

Buscando a motivación orixinal, encontreime que no 1.530 existira un tal Álvaro Ozores, na extinguida parroquia da Pedra Furada en Santa Comba. Pedra Furada provén de pedra ,do latín petra, é furada do latín foratus, de antigas crenzas relixiosas é prácticas mítico – relixiosas.

So existen Pedra Furada en Sísamo (Carballo), en Meis e en Oleiros de Salvaterra na provincia de Pontevedra.

Na civilización cristiá as viúvas tiñan, por exemplo, unha posición moi especial é merecían a estima dentro da igrexa, o que logo ía a ser lenda da Pedra Furada: Tesouros enterrados de tempo en tempo, historia de alguén que encontrou unha arca con ouro, pois é certo que naquela época había madeira dabondo para que as xentes enterraran as súas pertenzas futuras.

Digo eu que non será verdade que na Pedra Furada se escondera ouro e prata, ou que vivira nela, unha vella, nin que unha moura habitara posiblemente dita pedra. Posiblemente mistificada pola lenda dunha antiga deidade da natureza. Hoxe xa case esquecida coma tantas lendas que perdense co paso do tempo.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion