O millo no Condado e a Paradanta

millo cooperativo
Aínda que confusa a historia do millo nos nosos rueiros, foi co descubrimento de América no ano 1.492.

Dubido que fora Cristobal Colón, o encargado de traelo a península coa pataca e o tomate que transformaron os hábitos alimentarios, a economía, as xentes é ata incluso a paisaxe, no século XVIII, desterrando o chamado paínzo, a castaña é convertendo o millo, non so en dieta, senón, en xoguete dos mais cativos.

Aló, polas terras de Arbo, durante a Guerra Civil é a posguerra, a fame era a única sensación habitual aliviada polo millo é a pataca, amén do contrabando.

Fai algúns anos, recollera algunhas receitas feitas con fariña de millo, entre elas, as “Filloas douro”, preparadas coa fariña de millo, auga, sal e ovos, mais ou menos mesturado todo é na “filloeira” untada con touciño, batíase a masa é se facían as filloas.

O Pan de Broa, coa fariña de millo e centeo, xuntas; botada na artesa con auga quente e se amasaba. Se gramaba meténdoa no forno deixándoa cocer a gusto.

Coas “barbas do millo secas”, se facían infusións pro dor das vacas coa mamite.

Este histórico cereal, emigrante, chegou os nosos eidos para engrandecer a nosa rica gastronomía, é tamén a nosa cultura. Boa proba, son os numerosos campos do Condado de Salvaterra do Miño é A Paradanta, onde crece esta gramíneas que cada ano corea a paisaxe co seu cor amarelo e seu talo verde.

Partindo das antropolóxicas supersticións das nosas xentes, o millo, como todo, tiña a súa propia historia, contada sempre o redor do lume; é son moitas misteriosas historias que se foron perdendo coa desaparición dos vellos dos eidos é rueiros da terra.

Daquela había que protexerse contra todo, de aí os mitos, a lendas é crenzas, como por exemplo: “Ter terra bendita do camposanto, sal, tesoiras abertas o pé da cama”, e si queredes ata mexo de cabalo. Por si acaso.

Por terras de As Neves, concretamente en Santiago de Tortoreos, coa Santa Compaña, había que facer un círculo no chan o noso redor, ou deitarnos boca abaixo por prevención.

Todas estas e outras costumes que irán aparecendo formaban parte dunha longa fileira de hábitos que mais ou menos existiu na nosa Galicia.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion