Xa cho sabia eu…

sabia saber conocemento
Que no século IX, as costumes pola nosa terra, hoxe Condado de Salvaterra e A Paradanta, non eran que digamos exemplares.

Daquela se vivía nunha época impura, chea de escándalos monásticos, donas abandonadas, é o que aínda era peor, cregos e monxes con concubinas.

Investigando a realidade atopeime que o bispo de Compostela Ataulfo II, pretendía establecer disciplina eclesiástica, pero a decisión non gustaba nada a cantos “gozaban de tales alborotos”.

Parece ser que unha xeada tarde de inverno, Cadón é Acipilón, recibiran varios cregos e monxes rebeldes, moi desgustados ante o bispo compostelá, é pasaron polo entón rei de Asturias Afonso II, quen debería de acusar o bispo compostelá Ataúlfo, de conspirar contra el e o seu reinado, desatender con contos e acordos con mouros para entregarlles as nosas terras. Así o fixeron. Porque tampouco eles querían ver reducidos os seus privilexios.

No foi tarefa convencer o rei asturiano, pero, xa que entre as súas pretensións estaba terminar cos inimigos da coroa accedeu a elo. É di a historia, que un bo día presentouse o bispo ante o rei, quen debía acusar a este de conspirar, foi levado preso, como traidor é o castigo era abandonalo a súa sorte ante un touro salvaxe.

Non logrei saber onde foi, pero o que si sei é que aquel día, repleto de xente para o acontecemento, todos gritaban por ver a besta a cabalo do bispo, pero, e aquí que, antes de abordala sotana, parou en seco, baixou a cabeza e permitiu que o bispo Ataúlfo o amarrase polos cornos.

Xa arrepentido, comprendeu o “erro” é naquel preciso día quedou probada a súa inocencia. A xente invadida pola curiosidade descubre a realidade da historia coa luz da lúa, reflexo nas nosas pedras, que non podía entender o que ocorría na historia eclesiástica e monacal.

Parece ser, eu non o vin, que na catedral de Pamplona hai un capitel inmortalizando canto digo. Si fora hoxe, ¿Aceptariamos eses manifestos impulsos retratados naqueles tempos? ¿A que non?

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion