Francisco Fernández Del Riego

Francisco Fernández Del Riego
O Salvador de Lorenzana en Faro de Vigo.

Aquel mozo chegado a Vigo, no 1.939 cando se cantaba aquela “España Imperial”, de unha, grande e libre. Aquel mozo chegado a Vigo, nado na Vila luguesa de Lourenza, no ano 1.913.

Aquel mozo que comezara nos Escolapios de Monforte, Dereito en Madrid, e rematando en Santiago con Filosofía e Letras, era un activista cultural, non so como profesor de Dereito Civil, senón, como escritor intelectual é divulgador, conferenciante etc., o servizo de Galicia.

Este home, viu como outros, a dor, a crueldade, a fatalidade que perduraba na posguerra civil, mergullada no escepticismo, vixiada polo control policial, era naquel 1.939 un vivir desvivído e sen pulso.

Aquel mozo, malia os duros atrancos cos que se batía, gustaba de Vigo, foi veciño meu, durante moitos anos, na rúa Velázquez Moreno de Vigo. Por iso que o vía subir o Castro, pasear polo Berbés, abrazando as lembranzas dos esperanzadores días idos que se lle auto chamaban xa distantes.

Daquela ollábamos como se falaba da España Imperial, a Unha, a Grande e a Libre, pero envolta na escuridade, agachada no silencio forzado. A cultura, a lingua, a política, perseguida con asaño.

Lémbrome que na escolla os mestres foran obrigados o dor ostracista, rodeados dun baleiro aburar, e se sentían náufragos. Deles aprendemos o sufrimento, xurdindo o seu arredor un bruído esperanzador.

Este home matinaba en facer presente que o pais non deixaran de existir, e por iso nacera “Salvador de Lorenzana” cos primeiros artigos; con el valeuse da táctica dos saltiños, como “Tema Galego, cada sema”, porque entendía que o enraizamento na terra nai, era para el, un dos vencellos mais sólidos da nosa xente moderna. O certo e que mentres pousada mente, con miras a encetar a reconstrución (tiña alma de galego), os seus esforzos eran Galicia. Nunca renunciou a contribución, a refacer o ambiente galego que a ditadura quixo destruír.

Dende esta miña atalaia, quero dedicarlle a este home a “memoria dun loitador” pola terra o longo do Condado de Salvaterra e A Paradanta, ofrecendo a todos non se deixar vencer pola fatiga é desánimo; menos aínda pola indiferenza que actualmente padecemos. Todo depende de nós.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion