Xosé Luis Méndez Ferrín

Méndez Ferrín
Sempre foi o mesmo, lendo, estudando, pensando; e o mesmo tempo traballando na escola grande que é o xornalismo.

Nado en Ourense no 1.938, foi catedrático de Literatura no Instituto Santa Irene, de Vigo, é colaborador de “Faro de Vigo”, toda a vida. Director da revista “A Trave de Ouro”, membro do grupo literario “Brais Pinto”. Doutor Honoris Causa, pola Universidade de Vigo, director da Real Academia Galega, é un feixe de cousas mais.

Eu o seguín sempre, dende cando dicía “ que era un pésimo colaborador de prensa ata a década dos 50”,en tempo de Francisco Leal Ínsua é Xosé Díaz Jácome, ambos poetas alén de xornalistas é fillos de Mondoñedo.

Graza me fixo o “seu estado de aprendiz” con este home tolerante naquel tempo de Juan Aparicio, Director Xera de Prensa, violento e sectario.

Un pouco mais vello que el, me contaban cales eran os seus puntos de vista, porque tanto el, como eu, ouvíamos a BBC, “Aquí París”, “Radio España Independente”, en plena Guerra Fría. Nos era útil aprender a fungar, as veces, sen ton ni son, polas rúas de Vigo.

A verdade é, meus amigos, que Xosé Luís Méndez Ferrín, como Francisco Fernández del Riego, o Faro de Vigo, abriulles as páxinas do xornal, é fichados pola B.P.S. ( rigada político Socia), pola participación na Organización de Intelectuais Libres, Fernández del Riego pasou a usar o alcume “Salvador de Lorenzana”.

Naqueles tempos desaparece tamén Xosé María Castroviejo de El Pueblo Gallego, onde eu, o mesmo tempo que estudaba traballaba de reporteiro do xornal.

Aproveito este momento para lembrar a Diego San José, desterrado en Redondela, polos antecedentes republicanos, a Celso Emilio Ferreiro, con quen formei tertulia na “Cafetería Goya”, de Vigo, onde nos deleitaba cos artigos sobre Portela, Fole é moitos mais.

Non me esquezo de Sigüenza, coa súa crítica de arte, Luís Moure Mariño, galeguista empedernido e franquista con Fraga. Aquela asociación galega de escritores como proposta do nomeamento de Méndez Ferrín, para o Premio Nobel de Literatura, ademais de poeta e narrador: “Voce na néboa”, “O crepúsculo e as formigas”. É Como o mesmo Xosé Luís Méndez Ferrin di: Estar persuadido de que como escritor, mellor ou peor, o debía o Faro de Vigo, na súa mocidade, no tempo de Francisco Leal Insua. Como así foi.

A historia continua, uns xa mortos, outros envellecidos e outros, como eu, en ciclo de aprendizaxe. Non está por demais, lembrar aquí a Xosé María Castroviejo con quen, dende o xornal El Pueblo Gallego, alcancei a ser reporteiro e o sigo facendo nesta páxina do Condado de Salvaterra do Miño e A Pardanta, mentres poida. ¡Que tempos pasados!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion