Estamos no tempo da lamprea, amigos

lamprea
Estamos no tempo de imitar ou non imitar, sexa ata o fin dos tempos, porque a lamprea chegou, onde outros non chegaron.

Esta verbas mais ou menos axeitadas, son de Wellington, polo comportamento de estes durante a Guerra da Independencia. O triunfador de Waterloo, o parecer desmentira o tópico e preferira emigrar antes que o enfrontamento. Certamente, eu son testemuña de moitos fillos da nosa terra que emigraron dende o século XVIII ata o XIX, logo de outros feitos, pero quixo o demo que na nosa campiña, Pedro Madruga fora o escenario belicoso da guerra e do xantar da lamprea.

Hai momentos na miña vida que imaxino os vieiros do Val do Tea, fraga de flores e verdes millos. É degustando en cal quer rueiro, o manxar da lamprea que alimentaba xa, os buscadores de ouro do Imperio Romano, que se cría aquí mellor que en ningún outro lugar.

“Malo será”, dicían do rechinar dos cascos, das armaduras é do estalido dos canons, fronte con fronte con os portugueses, que non se teña un instante para xanta a lamprea, regada con un bo viño do Condado, ou tamén xantado nalgunha parte de Monçao con un albariño.

Non me cansarei de falar nin do Condado nin da Paradanta, onde o río Miño forma alianza co Tea, o paso da lamprea, o Val do Tea, de hortas e viñedos que o burlón Conde de Camiña, Pedro Madruga, fora señor do castelo e vila.

Era este o amigo de levantarse antes co sol, para comezar cal quer refrega, de aí, Pedro Madruga. Avergoñaba a bispos, pactaba con seus enviados, se volvía contra eles, no alba. En fin, contra os Sarmientos con casa forte en Fornelos da Ribeira.

Símbolo tamén do noso carácter, está moi ben refrescar a memoria; ten a súa importancia na lamprea, pródiga por estes pagos de xaneiro ata abril. Bocado exquisito saboroso e primitivo.

Tradicionalmente cocido e curado baixo o sol. Antes de empanadas para facer uso nas festas é romarías do verán. Agora devoradas a bordolesa, guisadas coa sangue, viño tinto, cebola, laurel, allo e clavo. Servida con arroz e picatostes.
Como algúns toureiros, entrenadores de fútbol, a lamprea non acepta “tibiedades”, ou se ama ou se odia. Elixe o que che conveña.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion