A estantiga no Condado e a Paradanta

Estantiga
Hoxe, unha vez mais, falarei da nosa mitoloxía de a “Estantiga” por ser unha das crenzas mais antigas, visión fantástica e esquelética que percorre campos, aldeas e rueiros pola noite.

Fai anos recollera datos históricos de como sobre viran ata os nosos tempos. Esta crenza era xa coñecida por todo o Condado e A Paradanta, como unha raza de muller especial que pouco a pouco ía desaparecendo, sen deixar rastro.

Na nosa mitoloxía rural era norma importante que esta muller se encargaba do destino das nosas xentes, é tamén se dicía que vivía baixo as raíces dos carballos, porque era o árbore do mundo ¡tal vez puidera ser! É alí pasaba o día para aparecer de noite nas encrucilladas dos nosos vieiros é corredoiras. Así, cando unha persoa debía morrer, por exemplo, ela se aparecía de inmediato e aquela persoa perdía a vida, que nada tiña que ver coas enfermidades, xa que só define o tempo no que a súa alma sae do corpo é, entón, a mesma se dirixe o “inframundo” onde están tódalas almas.
Quede claro que cada un ten o seu destino fixado, incluso logo da morte.

¡Cantas veces pensei eu que, isto se debía oco cultural das nosas xentes. De aí, os mitos e lendas.

Tamén me contaran dunha muller de aspecto descoñecido con capa negra que aparecía polas noites nas encrucilladas axustando a xente. É se me lembro ben, parece que fora Pepita de Caneiras no rueiro de Martín, quen se aproximara a esta muller nun inverno de choiva e frío, baixando da igrexa de San Xoán de Fornelos, camiño do eido, e lle preguntara pola hora, quedando completamente pasmada, co que viran os seus ollos, porque nada menos que era un esqueleto.

A pobre Pepita de Caneiras, saíra correndo, so quería chegar o eido e non morrer, para contalo, logo de que a un home tamén lle ocorrera o mesmo. Seica xa eran varias as aparicións.

Agora penso eu, que todo isto me o contaban para que non saíra de noite, e non me encontrara coa muller da capa negra. Ata me chegaran a contar que esta muller desaparecera do panteón familiar e que non podía volver o cemiterio. E tal como me o contaron así vos lo conto.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion