A educación cooperativa no Condado

cooperativismo escola salvaterra paradanta

cooperativa escola salvaterra paradanta
De cando en vez, veño falando de este tema primordial para o resurxir cultura, social é económico da nosa terra.

O dixen e digo constantemente, que non temos consolidación do noso rural sen cooperativas, sen educación, agora canto mais falla fai coa crise.

Como toda actividade humana, a educación xoga un papel importante para a eficaz consecución do seu cometido. Dentro da “cooperación”, esta adquire valor en alto grao, tal como é a “educación”, como Regra de Ouro do cooperativismo. É por iso, non e posible concibir o Movemento Cooperativo, ou unha cooperativa, si dentro falla a labor educativa.

Todos sabemos que a mellor etapa de aprendizaxe do home a constituía nos primeiros anos, os sete anos da súa vida, a cal era considerada plástica. O meniño o nacer e coma unha folla en branco, vaise enchendo día a día, polos seus sentidos con un cúmulo de coñecementos que iran determinando de por vida, a súa personalidade. Penso eu, que isto é así ¿Non será o caso neste tempo, cando ai que comezar a dar coñecementos sobre o cooperativismo os meniños?

Porque eles serán os dirixentes do mañá. O futuro é deles. Inculcar a temperán idade, as virtudes e bondades do cooperativismo é formar o “home cooperativo”, que non será posible sen a educación formal, sistematizada dende a idade de parvuliños ata a universitaria.

Para min, a posición respecto a educación cooperativa está: Primeiro, na xestión nos planes de estudio da sinatura do cooperativismo a nivel local, rexional, e da Comunidade Autónoma. Segundo: Celebración de Seminarios, conferencias sobre o cooperativismo, infantil é xuvenil.

Terceiro: Creación de comités de educación nos concellos, para que estes organicen círculos de estudos para fillos, dirixentes, empregados, parados etc., elevando a cultura as súas xentes.

Temos cooperativas e países que son exemplos de cooperativismo, participando a través da familia nunha cooperativa, é mercé a ela, se ensina cooperativismo. Tamén o Movemento Cooperativo Internacional coa educación constitúe o pilar do cooperativismo mundial.

Algúns exemplos hai, aínda que poucas cooperativas galegas funcionan ordenadamente.

É sería moi recomendable na actual situación ser realista que non somos. Sería interesante viaxar mais e ver menos a TV. Así teríamos ocasión de coñecer sobre o terreo como unha sociedade, como a danesa, é capaz de traballar, organizarse, convivir e producir xuntos, coordenadamente para obter unha consolidación económica que premia o esforzo do traballo e a “unión” entre eles, cousa que nos non temos.

A pregunta que me fago é : ¿Como conseguiron os daneses organizarse para que isto fora posible? Simplemente cooperativizando o pais, cousa que nos, co noso individualismo non somos capaces. Así de claro.

É o fixeron de forma intelixente, con cooperativas a nivel de primeiro grao, explotación primaria; incluso moito mais aló, porque todas as unidades primarias que existen, están integradas en “súper organizacións de segundo, e terceiro grao”, que canalizan as accións mercantilizadoras, marketing, exportación é financiamento.

Os daneses que non son como nós, a vixencia dunha sociedade organizada faise en base a libre e plural economía, onde a coexistencia sectorial dominada polo esquema capitalista é enorme; Pero a bipolaridade non exclusiva, permite un amplo abanico de fórmulas intermedias, é nelas, están as cooperativas que xogan unha tradicional e importante papel neste modelo.
Cooperativas que ofrecen unha ampla variedade de formulacións, sempre en función da vontade dos seus socios.
Pensando que en Dinamarca non hai Lei de Cooperativas que as regule (non é o caso noso), dende fai mais dun século, son consideradas de carácter voluntario, libre albedrío, dos socios.

Esa liberdade, lles permite converter o cooperativismo danés, nun instrumento que nós temos, pero que o noso individualismo e desconfianza, non nos leva a implantación cooperativa, como os daneses. A “educación cooperativa danesa” naceu dende hai mais dun século é os daneses se foron cooperativizando.

Dinamarca é un país tranquilo, rico, de base económica agrícola, europeo polos catro costados, educado, cordial, simpático e traballador como poucos, mentres nós, dedicándonos, como nos dicía un rector, fai anos da Universidade de Zaragoza, estudábamos como a Virxe María baixou en carne mortal a Zaragoza, e así nos creceu o pelo. ¡Para que queríamos mais! e agora ¡Que!
O resultados saltan a vista.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion