Fermín Bouza Brey

Fermín Bouza Brey
Nado na vila de Ponteareas o 31 do marzal de 1.901 foi un prestixioso científico é literario.

Este noso irmá de Ponteareas, licenciado en Dereito é Filosofía e Letras, Sección Historia, con premio extraordinario, pensionado, tiña ingresado na Carreira Xudicial, na que acadara a categoría de “maxistrado”, na Audiencia Territorial, cando na vida de Bouza Brey, había unha fondal significación: “12 de outubro de 1.923”.

Nace o Seminario de Estudos Galegos, do que Bouza Brey foi un dos animadores.

O marxe da política de cada quen, é unha alegría recoller as súas destacadas facetas de arqueólogo, etnógrafo, historiador das letras é colaborador con Florentino L. Cuevillas, Miguel Fuentes e Xosé Ramón Fernández Oxea.

Na Etnografía e folklore “Cancioneiro das Ribeiras do Tea”; e dentro dos eidos galegos antigos, os prefixos das verbas, mámoas da Serra da Canda con Filgueira Valverde. Sempre na revista Seminario de Estudos Galegos, revista Nós, boletín da Real Academia Galega…

Quede claro que non quero formular xuízos sobre Bouza Brey, cuxa parte da familia viviu no rueiro de Martín en Fornelos da Ribeira é que coñecín de pequeno.

Ramón Otero Pedrayo o lembra de mociño, co seu pasado, presente e futuro guiado pola estrela Galicia que foi o xeito de ser e facela. Estou de acordo.

Estre paisano noso, exerceu xenerosa influencia nas conversas, nas tertulias, exercidas das inquedanzas e angustias da mocidade. Bouza Brey, soubo da súa sosegada madurecer ser guía coa súa sabenza, alentar o rumbo é vieiros da nosa historia. A súa mocidade foi para el, o seu agarimoso conforto.

Penso eu no tempo que vivimos, el xa terá feito o inventario das gándaras do Alén, baixo o esplendoroso sol do Condado, é os verdes cores da terra, da riqueza e dos misterios encol das raíces do noso xeito de vivir.

Temos merecedores científicos e literatos que gozan do firme misterio da comuñóns dos vivos é mortos, acollendo traballos consagrados no desexo de querer pagarlles con algo positivo as verbas, o sentimento e a honra dos que xa non están.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion