A monxa Carmen Cambra Mariño de San Adrián de Meder

Monxa Carme Cambra Mariño Nosa Señora da Luz San Adrián de Meder
Tanto a 30ª abadesa Ana María Cambra como Carme Cambra entraran pasados os anos de 1.567 no mosteiro de A Guarda. Ambas procedían de San Adrián de Meder (Salvaterra).

O parecer Carme Cambra Mariño, dous apelidos que aínda hoxe son visibles na nosa sociedade, fora unha rapariga e guapa moza, que os irmás moi celosos non querían tivera noivo. Así que se dedicaban a espantalos, cada vez que ollaban unha sombra.

O parecer chegara un día na que Carme coñecera un mozo de certo apelido, do cal, Carme se namorara. Despois dun tempo este fora falar cos irmás, pero a eles non lles gustaba moito e decidiran asustalo para que rompera con ela. Porque, pensaban que so a querían pola “familia”. ¡Cha me entendedes! Os irmás pois lle ofreceran cartos coa condición de deixala. Cando Carme se enteira cae nunha depresión e foi entón cando decidira ingresar de novicia no mosteiro beneditino de A Guarda, polo aquel, de que polos anos 1.567 se inculcaba as xentes a morte e a posibilidade da condena o inferno con que se asustaba a xente.

Carme Cambra Mariño, se converte en monxa, pero iso non quería dicir que se esquecera do namorado. O feito fora que o parecer, de tanta dor, unha noite Carme decidira suicidarse colgándose dunha árbore que había diante do mosteiro; pero non terminara así a lenda, porque polas noites aparecía Carme camiñando polos corredores do mosteiro.

Xa, daquela contaba a lenda, que no mosteiro había dous tipos de “cadeliños” que soltaban polas noites. É cando a “alma en pena” de Carme aparecía, querían darlle un susto a superiora e non se lles ocorreu outra cousa que disfrazala novicia mais moza, para asustar o espírito de Carme que camiñaba pola noite, e ¡cos perigos nocturnos de entón!

Por fin: Carme co seu amor imposible desarmaba a quen moralmente escoitara esta lenda. A cousa fora que a abadesa axudara a Carme para encontrar un método eficaz para que o seu “amor” falara con ela. Así foi, na fiestra do mosteiro se tocaron as mans.

Contaban por aqueles anos que Carme Cambra Mariño, para mais sinais, ambos escaparan entre os millos e que de pronto lles aparecera unha “velliña”, que era a nai do namorado deixándolles bos sentimentos. ¿Será certo?

Xa sabedes que por aqueles tempos, contaban as xentes dos rueiros que en días de lúa chea, se escoitaba e chamaba a atención ir a ver o árbore navegando de noite entre sombras do mosteiro. ¡Xa pasaron tantos séculos que vaia vostede a saber. . .! Pero, eu ben sei, que os deuses falan e quixera saber cando crearon “a carne e osos” nos seres humanos, deberan buscar compracidos, non as penas, senón alegría e respectar os nobres sentimentos das xentes do mundo enteiro.

Eu sei que Carme Cambra Mariño, ten descendentes en San Adrián de Meder, igual que o noivo, e a tradición di que sempre hai que dar unha ofrenda, xa que doutro modo e a morte a que castiga a ofensa. ¡Non digo mais!

Na fachada da capela da Nosa Señora da Luz, de San Adrián de Meder, existe unha lápida que da fe da familia de onde descendo.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion