Pasara na Pedrafurada, no Soutolobre

merlo
Dedicado os meniños desta parroquia onde estiven un tempo de mestre na Escola Pública que entón había, por certo mal tratada polos estamentos do Ministerio de Educación Nacional.

Onde unha vez houbo unha bruxa encantada chamada “Pepa a pescantina”, que paseaba tristemente tódolos días coa súa patela de peixe, a penada, e que os veciños saían a vela é non ha encontraban.

Na escoliña pública, que entón había, os nenos querían axudala, pero Pepa, ¡a pobre! se sentía avergonzada é tiña medo de que os rapaces se burlaran dela. O parecer cando os alumnos saían da escola o terminar a clase, había algún que non tiña ganas de ir pro eido, é o parecer, este, empezara a camiñar entre as carballeiras que separan a parroquia coa de San Andrés de Lourido. Os compañeiros sabían que a este meniño lle pasaba algo, porque tódolos días cando chegaba Pepa da venda do peixe, viña correndo é cantando, pero sen embargo, aquel día, chegaba triste e suspirando. . . Non falaba con ninguén.

Polo rueiro daqueles tempos había moitas ovellas, cabras e bois, pastando por tódolos vieiros é xa non lle facían graza os animais. O final, mirade ¡por onde! Un sapo do lameiro próximo, conseguira saber o que lle ocorrera a Pepa.

– Nada. Esta mañá cando ía para escola polo rueiro da chamada “Inquisición”, quedárase xogando é deixando o bocadillo no chan. Pasou o tempo, se lle fixo tarde é foise correndo para escola, sen o bocadillo.

Un “merliño” que por alí andaba, saíu a buscalo, pero non o atopou.

Na carballeira, xuntáronse os animais que camiñaban sobre as catro patas na busca do bocadillo, pero tampouco o encontraron. O pobre rapaz estaba tristeiro e os compañeiros da escola cos animais tamén.
– Alguén o collera, dixo o sapo.
– Pero ¿quen? Si non había ninguén.
– ¡Vamos pro eido! Dixo o can.
É fóronse correndo, pero en vez de entrar no fogar o can lles fixo ollar para a fiestra.
– Eu non vexo ren, dixo o colibrí. So vexo o teu irmá comendo pan con marmelada
– ¿Comendo pan con marmelada?
– Pero, ¿si non pode comelo?
– ¿Non vedes algo debaixo da fiestra?
– -Si, dixeron os animais a coro, sen que se deran conta de que alí estaba o seu irmá.

Pepiño, que así se chamaba (o bruxiño familiarmente), asustárase o velos ollar a todos pola fiestra.

Pepa a pescantina, que así se chamaba, incluso eu, cando pequeno, moi enfadada, quería converter o meniño en sapo que por aquel entón eran abundantes na parroquia, pero o pensou mellor. Era suficiente con un susto.

O meniño dende ese día pensou ser mais prudente e non deixar o bocadillo por medo a que Pepa a peixeira o convertera en sapo, como dicía.

¡Sabede amigos! Que nesta parroquia de Soutolobre, do Concello de Salvaterra do Miño houbo homes con pensamentos sen que ningún deles o soubera. É, entre o si e o non, entre a curiosidade é o “repelús”, foi pasando o tempo de lendas e contos; e cando empezaron a ver cousas como estas percorreron os rueiros contándolles uns os outros, ademais da Santa Compaña, a realidade da Santa Inquisición, que en realidade era o eido para os familiares do inquisidor Barbeito.

E colorin colorado, este conto está acabado.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion