Sorregar. . . Sorrejar e sorrejeime…

viño cunca Sorregar
Na nosa terra, xerga mariñeira que expresa regar de viño o noso corpo por dentro e por fora.

Curiosamente, sorregar ou sorrejar, esta última non é ningunha gueada dos nosos amigos da península do Morrazo. Aplicada o noso léxico mariñeiro castelá é diferente o catalá que di: “regar accidentalmente por filtración ou por rebosamento, unha terra diferente da que se quería regar”. Expresións derivadas son: sorralenc, sorramoll, sorrejador e sorrejar, que di: lanzar area por medio dun chorro de ar comprimido contra unha superficie ou peza.

Tamén se di que sorrejar é dirixir sobre os carrís das rodas das locomotoras unha cantidade de area, para aumentala adherencia das rodas.

Na busca de sorregar ou sorrejar galega, en relación coa catalán ou valenciana, encontrei sorrejador que so serve para arear a máquina sorrejadora. Por outra banda, sorrejar pode ser reformar; é dicir: sorrejar bigas nos teitos dos edificios, pero aínda ai mais: Na Andalucía, sorrejar equivale a “regar varias veces un terreo duro”. Regar ou humedecer un bancal de auga.

No Aragón soriguer, soriguera ou Sorrijar.

Eu, me quedo con sorregar ou sorrejar da nosa terra que nas Festas do Viño, aplican moi ben o sorrejar sen gueada. Tamén nos nosos portos pesqueiros se sorreja a xeito, tanto por dentro como por fora. Tamén no Entroido saben facelo ben.

En Vigo, por exemplo no bar de As Almas Perdidas na Ribeira do Berbés, os mariñeiros sorrejaban canto podían, mentres que os nosos ilustres, Xosé María Castroviejo, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, de grata memoria, o facían na Casa Pepe na rúa Lugo, na Tasca de Elixio, despois na adega da viúva, por debaixo de El Pueblo Gallego, e na Cafetería Goya na rúa de Urzaiz onde procurábamos arranxar os problemas do pais; tamén se sorrejaba un pouco pero co estómago baleiro.

Sorregar se sorrejaba, pero na nosa terra de viño, se facía como Deus manda, e non de auga ou area, como falan por aí. Así pois, temos que, en catalán ou valenciano regaban con auga ou ar; nos con un ollomol (besugo), o Forno ou con un cocido, sorrejado sempre con viño que é moito mellor. Sempre a gusto de cada quen.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion