A nosa riqueza forestal está mal atendida

carballeira
A nosa paisaxe forestal formada por carballeiras, soutos, castiñeiros, nogueiras, freixedos e faias, están mal que ben desatendidos, hoxe en día.

Árbores de folla caduca, propias do noso clima atlántico, que favorecen a formación dos chans. Nos últimos anos medraron, si cabe, algúns piñeiros e tamén eucaliptos, sen ter en conta que as follas destas especies recubertas dunha “tona resinosa” o descompoñerse, empobrecen os terreos, medrando a súa acidez. Acedume, por outra parte, axeitada perfectamente a nosa clase de chan.

Lémbrome de cando neno, que os nosos montes proporcionaban pastos e forraxes, é sobre todo, materia fertilizante para que se puidera producir terras cultivadas. Nos montes veciñais en man común, como institución consuetudinaria, tiña por obxecto a explotación comunitaria directa da terra. Esta forma colectiva a fan hoxe en día, para a auga, pastos. . . que contradí o tópico de que a nosa xente é individualista.

Fai pouco tempo, documenteime dos montes veciñais propiedade dos veciños, axuntados na parroquia, rueiro. . . que serviron sempre para satisfacer as necesidades que tiñan para súa choupana.

Hoxe urxe cambiar o esquema dos cultivos tradicionais por especies, como a pataca, millo, centeo. . . en troques hortícolas, froitas, florícolas, en determinadas bisbarras do Condado e A Paradanta.

Ata fai uns anos as nosas xentes eran agricultores é gandeiros a vez. Os produtos agrícolas eran destinados o autoconsumo.. O gando era para venda, pero o que era necesario é ir a modernización industrial do noso agro. No meu tempo non había mais que serradoiros, que por outra parte, atravesan unha profunda crise da que so se poderá saír eliminando os seus mais; acusados defectos como pequenas dimensións, escasa tipificación, baixa calidade e moi pouca renda.

Hai que ir a unha agricultura moderna, non ten porque irse a xente forzosamente destruíndo a sociedade rural. Hai que ir a unha transformación da mesma; a mecanización, a necesidade do toxo, as toxeiras evitando un certo tipo de industrialización, mais que levar a industria o rural.

Penso, amigos, nos nosos eidos, e vexo como as nosas xentes están apegados a eles, a eira, o curral, o viño, a vaquiña, o palleiro. . .

E vexo, como diminúen os nosos eidos e pasan os núcleos urbanos, na súa meirande parte por vellos e meniños. ¡Que pena!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion