Eu fun un rapaz de aldea III

virxilio vieitez neno
O bocoi de pisalas uvas unha e outra vez.

É te puñas a pensar sentado da maneira mais cómoda posible enriba da pedra que había xunto a adega da miña madriña. Relaxabas o teu pequeno corpo, como si estiveras flotando. Lémbrome ben de como caían os brazos porque che pesaban. Entón, pesaban moito. A cabeza caíache para os lados, non tiñas forzas para relaxarte. Pero seguías cómodo. Te atopabas ben. Non pensabas en nada. No outono, so sentías que te metían nun bocoi de facelo viño, é pisabas uvas, pero antes eras auga, en lavalo bocoi. Auga branquiña, do pozo, fresquiña. ¡Que auga!

Te metías no bocoi é non vías nada. Preguntabas: ¿Onde te van levar? Non sabías que lle esperaba. Despois si.
Baixabas do carro do bocoi é te puñas a porta da Tenda de Ron, no rueiro do Casco, é preguntabas, unha é outra vez: ¿Que van a facer contigo? Ignorabas o paradoiro.

Ían reparalo para trasfega do viño. Agora si serás pronto un bocoi de viño, branco ou tinto. Estará moita xente esperando beberte. Contentarás o amo ou ama, mellor dito, porque te trocarán por cartos. Farás a moita xente alegre. Aliviarás a sede é axudarás no xantar.

Preguntaba: ¿Que será da xente sen ti? É de ti, bocoi, sen troques, nos darás o mellor e cho van agradecer, pensaba eu. Por ti, farán que moitos se fagan felices. Ti bocoi, morrerás pro viño seguirá. Por iso, están todos contentos; tan contentos que choutarás de ledicia é te sentirás invadido de felicidade.

É ti, de rapaz, ías abrindo os ollos para cando sexas maior é sentir a claridade que che entra pola “pinga do viño”.
Hoxe, amigos, xa non te molesta a luz, miras o arredor de ti mesmamente, é te atopas outra vez cos teus compañeiros daquela humilde escoliña.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*