Fornelos da Ribeira o paso

camiño santiago fornelos
Polos vieiros da nosa parroquia para andar por ela.

Os antigos vieiros ou camiños pecuarios serviron, na nosa terra, durante séculos para desprazarnos, e forma parte do noso “patrimonio histórico” que debemos conservar.

O sendeirismo, hoxe é unha forma de manter e recuperar a nosa rede viaria que de rueiro en rueiro nos comunicamos todos é nos permite o paso para ir a cada un dos nosos rueiros.

Digo sempre, que poñerse en camiño a Fornelos da Ribeira é descubrir testemuñas da historia, do ritmo do noso paso, é coñecer en profundidade a terra que nos viu nacer. Unha experiencia pro os que temos ganas de andar e gozar da natureza, observar o seu tempo histórico, daquela época medieval.

Fornelos da Ribeira ofrece a todos aqueles que o visite, orografía variada, vales, río Tea, é pequenas elevacións é enclaves, creando un marco físico é cultural de sempre.

En Fornelos da Ribeira, as súas xentes viven en rueiros dispersos que forman enclaves naturais; é dicir: Un mosaico de pequenas aldeas unidas a parroquia con entidade singular, formado por unha rede de vieiros é corredoiras de uso habitual que os seus veciños usan é permiten os visitantes descubrir as súas hospitalarias xentes, as pedras, natureza é río, é tamén monte.

O senderista, que se prece de visitar Fornelos, gozará das corredoiras, novidades como o paso do tempo; cruceiros, peto de Ánimas, hórreos, igrexa, capelas é rueiros de casas solares é labregas, é outras manifestacións en pedra, enmarcadas nunha rica e ampla variedade de eidos, coidados, dignos de consideración.

¡Amigos meus! Os ofrezo descubrir a miña terra secular, para que poidades contemplala “esencia da alma destas xentes”, é si cabe, os seus territorios, seguro que non os perderedes.

O sendeirismo hoxe, é unha actividade deportiva, non competitiva, de recreo, que consiste en camiñar por sendas agrestes, aquí non é o caso. Ten como obxectivo poñerte en contacto coa natureza é con leva moitas satisfaccións é retos.

Os accesorios básicos necesarios son botas, roupa cómoda, auga e bocadillo. Fornelos non ten ningunha perigosidade; senón, todo o contrario, veciños que permiten o visitante descubrir os visitantes as súa hospitalaria terra, as seculares pedras, a natureza, o val do Tea, en amable é simpática harmonía.

É si o visitante quere, pode recoller datos de algún dos seus rueiros como “Abelán”, que forma parte do Arquivo do Galego Oral de I. L. G. De Francisco Fernández Rei, sobre a nosa fala.

(Bloques é áreas lingüísticas do galego. Santiago de Compostela. Consello de Cultura Galega).

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion