O moriño do rabelo en tortoreos

Can de Palleiro moriño
A memoria daquel “can de Palleiro”, que coa súa memoria olfactiva, co seu almacenamento importante de cheiros… Canciño sen memoria temporal pero si con memoria episódica.

No rueiro do Rabelo, en Tortoreos (As Neves), na década de 1.930 había unha parte da miña familia que criaba un “can de palleiro” chamado o “Moriño”. Este pequeno can de palleiro, acompañaba sempre a miña nai (q.e.p. d.), é tamén a esperaba cando regresaba día é noite.

Eu era moi pequeno, cando Moriño brincaba e ladraba de alegría co encontro co a súa ama. Todo teso alí estaba no eido movendo o rabo é cheirando a porta de entrada, esperando identificar a súa ama. Cando pasaba algún tempo é non chegaba, triste é abatido coa cabeza baixa é o rabo entre pernas quedaba debaixo do “canastro”, albergando unha chispa de esperanza de volver a vela.

Un día, miña nai, a súa amiga morreu vítima dalgún pecado inocente. É Moriño deixounos un exemplo para tódolos seres humanos do que é a máxima expresión de “ amor “ acompañando o cadaleito da súa ama ata o cemiterio de Santiago de Tortoreos onde alí sigue enterrada, esperando un día é outro. . .

Nin a fame nin a sede o apartou da tumba. Marzal de frío, día tras día, Moriño alí estibo, con vento é chuvia, deitado sobre a tumba esperando. . .

Os veciños decatados da situación sentiron a necesidade de coidar o animaliño. Lle levaban auga e comida do eido de Soto Campos, pero, Moriño, alí quedou para sempre o calor da súa ama.

Pola súa nobreza Moriño, foi querido polas xentes do lugar. Alí, sobre a tumba da súa ama, o pe dunha roseira que xa non está, cos ollos tristes quedou xunto a súa ama.

Con toda seguridade moitas xentes lembrarán tamén a algún cadeliño de cando nenos; quizais algún cadelo que xogaba xunto cos amigos.

Dáme a sensación de que os cans de palleiro é os meniños saben entenderse é xogan xuntos.

Polo que me toca a min de neno, lémbrome do eido de Fornelos da Ribeira, de ter un cadelo tamén negro de fermosa compañía, era un amigo é xerador de amigos. É, ademais, permitía algo fundamental que os maiores ensinen o meniño sobre os coidados é respondan o que significa coidar a un ser vivo.

Cos anos fun pensando que un can é cun can, é pensando como tal, os seus instintos son fortes. Nos ensina o instinto de presa, de territorio básico, de amor como integrante da familia. Aquí, o temos ocupando a súa posición na familia; é o que nos entendemos por “celos do can”, non e mais que a sensación de que a súa situación xerárquica vese alterada, tanto no caso comentado, como na chegada dun nado, por exemplo, permitindo que o canciño cheire o bebé, que son os contactos de socialización. . .

Eu aprendín a ser responsable da fermosa lembranza de Moriño, un can de palleiro, no rueiro do Rabelo, naqueles malos tempos políticos, sociais é laborais, porque de todo había. Moriño levoume a estudar os tipos básicos da súa memoria: a asociativa, mecánica e afectiva, e obtiven que coa memoria asociativa o canciño aprende a sentarse, a tombarse, estar quieto, traer ou levar. . . nunha relación causa efecto. Dáme a pata é coa galleta aprende. Coa memoria mecánica aprende movementos que afectan o ánimo. Ha cans que son uns verdadeiros especialistas en resolver situacións para conseguir un premio. . . É por último a memoria olfactiva onde almacena os cheiros.

Aquí queda, con bágoas nas meixelas, a miña lembranza para sempre da miña nai é do canciño Moriño, que ben merecido o teñen. Sempre me lembro deles.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion