Choupando polas terras do Covelo e o Suído

maceira covelo
Terras tamén, de moitas lendas e mitos.

Porque, por estes paraxes do Concello do Covelo y serra do Suído, no século XII, se construían as chozas de arco de medio punto, cubertas é formadas por lousas de pedra, revestidas de terra que aseguraban, dentro delas, unha agradable temperatura como habitáculo. Servían de vivendas os pastores que gardaba o gando de xuño a setembro.

Estas chozas, dispuñan de lareira, lacena e unha hornacina onde gardaban a roupa é demais pertenzas da cama, feita loxicamente con xestas e fentos.

Estas chozas, como as culturas que por aquí pasaron, se foron creando para axudar a entenderse as xentes do por que das cousas.

Así, entre néboas, choivas e fríos, a serra do Suido, coas súas lendas e mitos, foron pasando de milenio en milenio, sendo a parroquia de Barciademera, o berce dunha parte da miña familia Cambra, Manuel ou Ricardo Cambra e Rivas, abade, é que grazas a el, recollo algunhas tradicións orais, os canles deron orixe a forma de vida da Comarca, permitindo dar a coñecer de forma lúdica é activa os meniños en idade escolar, aqueles feitos doutros tempos.

Eu, me quedo cos relatos das crenzas que acreditan feitos anecdóticos, de tal modo que non teñen porque ter veracidade histórica. Porque, o pasado histórico das terras de Covelo, e a serra do Suído, dan fe relixiosa dalgúns prodixios sobre naturais, prestixio dos santos, que desexaban quedarse en determinados rueiros, que aparecen é desaparecen, dando orixe as igrexas, conventos é santuarios motivados polos devotos; sobre todo, feitos históricos que impresionaban vivamente as xentes, é que estas supoñían a intervencións dos santos e virxes.

Non cabe dúbida, que as supersticións tamén crearon aquí, numerosos mitos, algunhas en motivadas lendas. Exemplo: “A lenda da viúva”, que vivira na Serra do Suido, alta, belida, que ninguén lle vira o rostro. Outros dicían que se trataba dunha velliña, baixiña, a cal tampouco a viran; iso si, ambas usaban, como viúvas, roupa e mantón negro cubertas dos pes a cabeza, escondendo a faciana.

¿Onde aparecían?

Nos rueiros, camiños, montes e serra, para aparecerlles as xentes, sobre todo, os homes, é facelos temer de espanto. Era nas pontes, vieiros, corredoiras, en solitario, xeralmente despois da media noite, ata a alba.

Me contaba, quen disto sabe un pouco, que as aparicións puñan os cabelos de punta. Algúns aseveraban que aparecían cando algunha muller morría de engano amoroso; xa fora asasinada polo marido infiel ou non, que pasaba o fatídico triangulo da morte.

Non fai moito que me contaba unha velliña do lugar, que me aseguraba que se sentaba por horas a chorar, é as xentes dos rueiros de Barciademera, escoitan os prantos.

Tamén me contaran que na Pedra do Lobo, un vello falecera fai moitos anos. Contara que estando pastando as cabras e ovellas había visto a “viúva”, sentada nun penedo chorando lástimadamente; outros curiosos din que se lles parecía avoa, que soia sentarse no penedo a fiar a la, mentres coidaba das cabras.

Si mal non me lembro, tamén me contaran que unha noite de verán, pasada a media noite, se aveciñaba unha tormenta, o vento zoaba as árbores e os lóstregos iluminaban as primeiras gotas, cando un veciño, “O Pepe das Penas”, saíra cun candil e se lle presentara o lobo a saída da taberna. Aos berros saíron os veciños coas cuncas do viño na man paralizados.

Tamén, me contaran que no Outeiro de Sían, un rueiro esquecido, había dous homes que tiñan numerosos cotos, é que cando saían o camiño, tiñan que facelo en “Coto carro” e non en carromato, por si acaso.

Un deles, chamado “Xoán Antonio”, é o outro “O Pena Barrera”, de Lagares; o primeiro tímido, razón pola cal se cansou das burlas e un día resolvera afastarse do rueiro para sempre, da súa terra natal. O outro, era un “mercacotos”, fanfarrón que soportaba as pullas, aínda que vivía atormentado.

O tal “Xoán Antonio”, resolvera “Serra do Suído” arriba, partir sen pertenzas, camiñando día e noite ata que canso votouse a durmir. O día seguinte, adentrado na espesa serra, chegara a Serra de Avión, e fora aquí, precisamente, onde observara un inmenso árbore que tiña limpo os arredores, convencido de que estaba no rueiro que buscaba; acomodouse, fixo fogo para xantar; despois subiu como puido ata unha rama para durmir tranquilo, pero cando espertou, vira un barullo de xentes participando nunha curiosa romaría.

Vira tanta xente agarradas das mans é como cantaban é bailaban arredor da árbore… é por riba, de golpe, un silencio sepulcral, é xa na escuridade, puido ver na espesa noite, os maléficos, sometendo a Graña, descendentes de xudeus, con costumes que chegan ata os nosos días, os peores castigos do inferno, que apestaban a xofre é ovo podre…

Choupando polo Covelo é Serra do Suído, percorrín o Covelo, e a comarca de A Paradanta, pisei o Pico de Avión e os suaves vales do río Tea; cheguei ata o Alto de Fontefría, parei na ermida da Nosa Señora da Guía, no pazo abadía de Barciademera e no Castro de Santiago, é logo, tamén, en Os Grañidos, na taberna, é enteirandome de como falaban o barallete que tiña recollido eu, na ,miña estadía en Ourense.

É, porque non, tamén visitara as Fervenzas do Tea, é por si non fora pouco, a escena do “Rei do Covelo”, o Entroido, no Coto da Raña, Portafurada e Fonte Santa.

As versións das xentes que deambulaban polos campos facendo ruidosas matracas, é outros elementos que o paso do tempo se converteran en elementos para espantalos paxaros, nacera precisamente aquí.

Disto sabe un pouco Xosé Antonio Martínez quen versara sobre a capacidade sanadora do Paradanta, o almacenar tanta luz é tanto misterio.

Os ríos Tea, Alén e Fofe, co pequeno Castro; a capela de San Bieito, os muíños de Tuxedos, O Peto da Armida, O Peto da Franqueira, O Peto da Lamosa, son exemplos de lendas e mitos, que aínda non sabemos.

Non me estraña nada, que o tal “Xoán Antonio”, levantara as súas cousas e emprendera o regreso o eido, do que nunca debera deixar, e no rueiro encontrara a “Xosé María Rivas”, que se había desfeito do coto. ¡Por si acaso!

Ultimamente se dicía, que “O Señor das Tebras”, empezara o acto do silencio, o grande fogo, é acto seguido ¡O DEMO! – ¡Carallo! baixando o Pe do Suído, é as xentes morrendo de medo.

Así era a vida das nosas xentes, naqueles tempos.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion