Vai a beber un viño sabático, a abadía Tortoreos

abadía de tortoreos

abadía de tortoreos
Un albariño de autor afastado de cal quer actividade.

Pode ser, digo eu, unha forma de comezar a vida pro que somos afeccionados a “pinga”, sobre todo do albariño da Abadía de Tortoreos, lonxe da rutina é profundizando na cultura do viño.

Xa sei que no noso Condado de Salvaterra do Miño e A Paradanta, son terras de viños, de bos viños, pero para min, O Rabelo e Tortoreos, onde vivín experiencias de meniño, o crecemento das videiras, a saída das follas, a uva, o proceso, en cada eido, hoxe, é, desconectar un sábado ou domingo sabático, tomarse un albariño é gozar da boa vida.

Digo eu, un sábado ou domingo sabático para observar as vides, a bondade da terra, das cepas, do clima, do traballo, do viño, é un obsequio perfectamente elaborado deste albariño excepcional. Ben merecido ten os “premios” que ano tras ano consegue pola súa calidade.

Todos os que usen o sábado ou domingo sabático, deben levar un caderno para a ocasión, onde actualizar a experiencia. Ordenador portátil con acceso a internet, cámara de fotos, vídeo dixital é teléfono móbil, por si acaso. Todo isto, para gozar da cultura do viño albariño, a diferente interpretación do viño de autor… As actividades da vendima é os traballos das vides. Detrás da pista do viño, un bo xantar.

Non fai moito, me dicía un amigo tombado no sofá, aburrido, sen ganas de nada, que o peor é o contaxio de cambiar o sofá pola cama dun hotel…

Eu, os animo a visitar a Abadía de Tortoreos, os viñedos do albariño, facendo sendeirismo, por exemplo, saíndo de festa, é gozar da gastronomía do Concello de As Neves, que vive día a día a cultura e a tradición por riba de todo.

Moita son as formas de aproveitalo tempo, incluso, por motivos espirituais con “A VIÑORERÁPIA”, é si os sobra tempo, subir as Adegas Coto Redondo, ou baixando a San Adrián de Meder. ¡Todo un pracer, en terra de viños!

A historia do viño sabático nacera nas xuderías, cando camiñando o triste xudeu, chegara o sábado na cal descansaba, facía unha pausa é bebía un viño na adega… pero o Mesías é o río sabático que chegaba a Portugal, estaba para gardar o Mesías.

Mais ou menos, de aquí, segundo di, don Xoán Baltasar ,nace a historia eclesiástica, política, natural e moral dos anos, meses, semas, dos sábados sabáticos destes viños.

Eu, co fin de reducir gastos, sobre todo nesta época de crise, os invito a coller un sábado ou domingo sabático para desconectar é gozar, como diría Carlos Ancelotti, ¡Que tempos tan loucos, maldito sexa! É conxelado o sorriso pasou o viño por debaixo da lingua, tragou, e dixo:
¡Non fora mala a idea do viño sabático!

Fai días que levo sen escribir, é non se me ocorría nada sabático nestes intres, non obstante me gusta unir o mundo do viño é o mundo dos RRHH. A fin de contas as adegas dispoñen de viñedos, dos coidados da uva, é permite facer o viño co enólogo é vendelo para subsistir.

É curioso que do prazo da recuperación, non implica que os viños vaian a ser mellores. O trabalo do enólogo é fundamental, é os responsables do RRHH veñen a desempeñar o traballo dos enólogos.

Os “viños xoves”, veñen a ser os recen “licenciados” é “becados”; os viños de crianza os que pasaron o período de probas, e os viños reserva, os dos veteranos.

Pregunto eu, ¿É mellor un “becado”, cun “veterano”, en similitude co viño?

O que si é certo, é que para ter un bo viño hai que ter boa materia prima, é a Abadía de Tortoreos, ten boas cepas de albariño e clima ideal para un bo viño. ¡Si, señor!

Que cada quen saque as conclusións necesarias, que dispoñan dun sábado sabático ou domingo, é vaian a beber un albariño a Tortoreos. Xa me darán as grazas.

Eu, si puidera tamén o faría.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion