O cooperativismo vence a crise con i+d

cooperativismo
É debe empezar no Instituto xeral Básico.

Ensinar a xuventude a doutrina cooperativa é hoxe mais necesaria que nunca, é saber administrar o “cartos” é o seu principal obxectivo.

A nosa terra do Condado é A Paradanta, vive illada de encontros internacionais de xoves cooperativistas ,sen a colaboración da Xunta de Galicia é seria bo a creación do Instituto Galego de Formación Cooperativo que axudara o seu desenrolo, tan necesario na nosa terra.

Nos meus anos mozos o servizo cooperativo se facía con encontros internacionais de xoves de Francia, Alemaña, Italia, Portugal, Arxentina, Colombia xunto con a representación do Pais Vasco, Mallorca, Zaragoza, Cataluña, Madrid, é Galicia non aparecía en ningunha parte.

Lémbrome ben, que estes encontros se realizaban en réxime de acampada, se aprendían, en cada xornada, as bases do cooperativismo é xuntos outras actividades culturais é deportivas.

Sempre pensei que na nosa terra, sería importante algunha destas xornadas, pola carencia de formación e os problemas do cultivo da terra, é todo, por non empezar a facer cooperativismo na escola.

O cooperativismo, na nosa terra, cumpriría unha función social é económica, é a nosa xuventude se desenvolvería na educación, traballo, ocio, independencia é total liberdade de organización.

Debo dicir é digo que, tamén a tarefa de formación é información dos socios está na divulgación da doutrina cooperativa de cara o fomento do cooperativismo. É neste mundo de crise, onde faltan recursos – lamentable realidade –, sería unha solución presente, sendo o movemento cooperativo xuvenil, a plataforma de lanzamento de xentes capaces de facer fronte a penuria da nosa triste realidade.

O mais puro é transcendente do movemento cooperativo xuvenil está asentado na LIBRE EXPRESIÓN das vontades de todos eles. É para a consecución da unión de todos é necesario a creación dun anexo, dado o noso carácter. Creación dunha organización pro Condado, legalizada en forma de asociación cuxas funcións sexan coordinar, informar, impulsar é fomentar o cooperativismo. Baixo este obxectivos, estarían:

    – Poñer os medios o alcance para que os cooperativistas utilicen os fondos de educación, obras sociais, etc., na promoción escolar cooperativa.
    – Deixar constancia da Lei Cooperativa Internacional, nacional é autonómica, para que non se perda forza na idea cooperativa escolar e xuvenil.
    – Organizar encontros cos xoves cooperativistas en diverso eidos do Condado é A Paradanta, con carácter local, nacional é internacional.
    – Deixar constancia da importancia que supón a participación das cooperativas escolares, na xestión de centros, como estamento integrador dos mesmos.
    – Facer patente a liña de continuidade é proxección do futuro do movemento cooperativo xuvenil.
    – Crear publicacións, xornais etc., no ámbito da divulgación e comunicación entre xoves.
    – Facer encontros internacionais que sirvan o mellor coñecemento é colaboración entre uns é outros.
    – Valorar as experiencias, convivencia é traballo. Intercambios etc.

Por último, para min, a “educación cooperativa” xestionando ata onde sexa posible a introdución de plans de estudos cooperativos. Intensificar Seminarios, Conferencias, mesas redondas sobre o cooperativismo infantil é xuvenil, facilitando a creación de cooperativas escolares, creando círculos de estudos cooperativos; becas dirixidos a socios, fillos, dirixentes, empregados, sen esquecer as obrigas morais que teñen as cooperativas de elevar o nivel cultural dos socios.

A verdade e que, da pena observar a pouca consideración que teñen as cooperativas na nosa terra, cando son elas, a única forma de salvala situación económica das nosas comarcas.

Dende hoxe, empuñemos o facho cooperativo con fe, entusiasmo é alegría, porque na nosa terra as cooperativas de explotación comunitarias da terra, en xeral, son as únicas que poden resolver o problema da terra.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion