A integración do cooperativismo fonte de riqueza

cooperativismo escola salvaterra paradanta
Faise necesario un banco cooperativo ou una cooperativa de Crédito en Galicia.

O que nos chamamos cartos (diñeiro ou euros), non é so papel moeda, moeda metálica fiduciaria, de valor económico é instrumento de cambio; os cartos son tamén depósitos bancarios a vista, por exemplo.

Existen diversas formas de cartos, escriturados, valores, etc., contra documentos bancarios que fan operacións de re descontos co Banco Central Europeo. Así pois, a moeda metálica nos EEUU ,representa un tanto por cento, é os depósitos outro tanto por cento. No último ano, a un elevado tanto por cento total en poder dos bancos é do público.

Si todo o mundo se puxera de acordo para retirar simultaneamente seus depósitos, non habería reservas liquidas que evitaran outra crise total. É Si se creara un banco cooperativo ou caixa de crédito cooperativo galego, que actuara como epicentro financeiro cooperativo, teríamos unha grande eficacia económica. Porque si todos operasen as saídas de reservas serían mínimas. Un banco ou caixa de crédito cooperativo galego, resistiría a competencia do grande capital, organizando cooperativamente os produtores, é consumidores; realizaría tódalas operacións bancarias, unificaría recursos financeiros, é o resultado sairía a coherencia do sistema fronte a economía do lucro.

Hai que dinamizar financeiramente a economía cooperativa mediante este banco cooperativo, que tería avantaxe de crear cartos bancarios cos seus préstamos cooperativos. É, ademais, conseguirían liquidez contra documentos mercantís dos cooperativistas no seu poder, ou contra títulos descontables. Esta entidade cooperativa actuaría como especializada en proxectos de desenrolo económico é tecnolóxico cooperativo, na integración de pequenas cooperativas, na creación de industrias acorde cos tempos.

E digo eu, que para integrar a pequenos agricultores minifundistas, como hai na nosa terra, en complexos agros industriais, sería necesario que o sector cooperativo estivera unificado con recursos financeiros é monetarios na entidade cooperativa de crédito.

Tal como vexo o sistema económico da nosa terra, deteriorada pola crise, a desocupación en masa, a burocracia é o ambiente, a degradación moral, con esta mal chamada democracia, nos ben dando a resposta tercermundista na que estamos. ¡Así de claro!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion