A rianxeira nas nosas aldeas

A Rianxeira
Me imaxino que nas demais tamén, é unha peza musical con mais de medio século de vida.

É non é unha peza exclusiva do noso Real Club Celta é dos seus éxitos futbolísticos, senón, a canción galega mais popular de tódolos tempos difundida polo mundo. É todo elo, grazas os ilustres nomes de Alfonso Daniel Rodríguez Castelo, Paio Gómez, Chariño, Rafael Dieste e Manolo Antonio, entre outros mais.

A Rianxeira, cumpre con tódalas clases de xénero, é non é so mentes patrimonio do repertorio, cal cren algúns, non, porque na realidade é a maneira de expresar poética é musicalmente sentimentos é ¡Porque non! pensamentos tamén. Ollade si non fai parte da nosa vida que en todas as festas é romarías, está sempre presente. ¡Como debe ser!

No ano 1.921 Avelino Rodríguez Elías escribira un Cancioneiro Galego con toda a forza emotiva dos cantos populares, versos con toda tenrura dun idilio sentimental que chega ata hoxe. Lémbrome de Xerardo F. Santomé, como definía o modo ou xeito tradicional do mariñeiro: “relixioso, laboral é social” da nosa costa.

O dixen sempre: A Rianxeira é unha peza da nosa Galicia mariñeira que canta o mar é que lembramos nos, nas nosas romarías. O dicía Manolo Vicente de Alfonso Daniel, que algo ía a “suceder” en Rianxo no setembro do 1.950. Eran aquelas “Ondiñas da Nosa Terra”, composta no 1.947 con música de Anxo Romero Loxo, letra de Xesús Frieiro Dourado, de alcume “O Pinciñas” emigrado todos na América. Xa na década do 30, Anxo Romero emigrara a Bos aires onde casaría con unha paisana súa, familiar do O Pinciñas. No Centro Social Fillos de Rianxo, con Anxo é O Pinciñas, fundaran un coro chamado “Coro Castelao”, moi eloxiado. Tamén tiñan programado unha rondalla onde “Ondiñas da nosa terra”, fora interpretada con motivo da festividade da Nosa Señora de Guadalupe. Fora o rianxeiro frei Xosé Santiago do mosteiro extremeño de Guadalupe o que a trouxo para doala as xentes da terra. Polo tanto, o cancioneiro fixo referencia as xentes do mar, é como moi ben dixera Xerardo F. Santomé, o mariñeiro se sente relixioso e a proba está no sentimento matriarcal coa presenza da Virxe.

Non hai verbena, rueiro, parroquia ou lugar con altavoces é sen eles, que non soe a Rianxeira, cantada tal cal a compuxera Romero e O Pinciñas, porque adulterada perdía emotividade é non reflexaba aqueles tempos da emigración, nin o sentimento da morriña das xentes obrigadas a vivir lonxe da terriña.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*