Manuel Estévez Cambra: “Na dinámica sociopolítica en Vigo”

vigo cidade
Quen me ía a dicir a min, que meu pai, Manuel Estévez Cambra entrara na dinámica socio política en Vigo, durante a Segunda República Española! ¿Quen?

Pois foi a Facultade de Xeografía e Historia do Departamento de Historia Contemporánea e de América, da Universidade de Santiago de Compostela, onde atopei o meu pai, durante a Segunda República.

¡Que contraste, co seu fillo, republicano polos catro costados, aparecera fronte o seu pai monárquico! É foi grazas a Xoán Pro Ruíz, o entrar na historia local, é no paradigma historiográfico, que permitira o desenrolo de áreas de investigación, é a explotación de novas fontes de protocolos. Un traballo conservado no Arquivo Municipal de Vigo, xornais de diferentes signos ideolóxicos como El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e Vida Gallega; ademais doutros documentos para a investigación. No Diario de Vigo, 1923 número 278, indica que pola Xunta Municipal a designación de vocais que o señor Botana pregunta é o señor Arbones contesta que a designación se fixo con arranxo a lei… É no sorteo saíra elixido, entre outros, Manuel Estévez Cambra.

Unha ampla información do desenrolo local de Vigo, onde vivo moi a gusto; realización “a trancas e barrancas” de Jordi Nadal, coincide no proceso de modernización do pais. É non sei si chegaremos a tempo despois de tantos anos pasados por auga.

Naqueles tempos o sistema de partidos políticos durante a Segunda República, a dicir de Manuel Ramírez, xiraba en torno o conflito da lexitimidade do “novo réxime: Forma republicana e agrupacións mais ou menos notables.

Polo movemento agrario, por exemplo no Condado e A Paradanta, estaba Candeira Mosquera, Amado Guerra, ambos de Ponteareas; Emiliano Iglesias Ambrosio, avogado e periodista tamén de Ponteareas. Vicente Sierra Martínez, Euxénio Arbones do partido socialista, de Vigo. Cando menos o principio.

Polos monárquicos, baseados na relixión, patria, familia, orde, aparece meu pai, Manuel Estévez Cambra, nesta dinámica socio política, candidato monárquico do distrito 1º con 449 votos. ¡Claro está, non ganaron!

Vigo foi o primeiro en proclamala II República, confirmada nas súas memorias polo Marqués de Hoyos, Ministro da Gobernación, é protagonista destes acontecementos. Aquí queda, por si acaso.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion