Un fento extinguido, vive

fento
Parece un trevo de catro follas, dos que trae boa sorte, pero este é mais delicado por ser acuático.

Buscando cousas encontreime con Silvia R. Pontevedra, e a novidade da “Marsilea quadrifolia” considerada extinguida en estado silvestre, pero no rueiro de Ourense sobrevive unha colonia de orixe descoñecida.

Antón Estévez, propietario das terras cun proxecto ecoloxista di que estaba alí xa. A parcela ten varias charcas naturais que secan no verán e volve o seu habitat o fento, coas augas.

O Fento, fora identificado por espertos galegos, é aparece asociado os arrozais, é polo tanto extinguido. A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), alertara a Dirección Xeral da Conservación da Natureza e o concello de Ourense do Fento para protexelo de inmediato.

Venme a memoria o “resucitado”, dun musgo de 1.530 anos de idade, conservado en xeo antártico, demostrando a capacidade de revivir. Os musgos teñen grande importancia nos ecosistemas polares onde contribúen a fixar dióxido de carbono. Se trata de plantas acostumadas a condicións extremas con necesidade de moita humidade.

Pensan algúns, que “aínda que sería un enorme salto fronte a este achar, aumenta a posibilidade de que formas de vida complexas sobrevivan mais tempo unha vez atrapadas polo “permafrost” ou xeo”.

Outra planta que non nos atrevemos son as ortigas, que é unha verdura silvestre noutros lares. As nosas ortigas “urtica dioical L”, de talo dentado que provoca rubor é ardor da pel, se usa na gastronomía, porque unha vez cocidas, o seu efecto desaparece, segundo a doutora María Ballesteros que di que a ortiga é baixa en Sodio, e fonte de vitamina A, para a pel e a visión; ten Potasio, para regulala sangue, é rica en Calcio e Febra, pero ¡Ollo! As embarazadas deben evitalas.

Outra: ¿Onde está a bolboreta monarca? ¿Estará de vacacións? Esta bolboreta norteamericana que xeralmente vive no sur do pais, algunha vez aparece entre nos, cos seus cores atraentes, encontrando nas nosas terras un tempo que o alimento lle permita estar.

Pero volvendo o Fento, teño entendido que algunhas tradicións celtas o Fento, formaba parte delas. O Fento na nosa terra é como a pedra, alma transformada de orixe remoto na que a alma se encontraba vagando errante é non podía entrar no mundo dos mortos.

Fentos e carballeiras: Fillos de algo co señor. Fento ornamental e menciña, usado en infusións. Tamén, para afeccións pulmonares, cálculos da vexiga, en Panamá xantadas como hortalizas. É por si fora pouco, para fabricar cestos, sombreiros; na Filipinas como tabaco.

Nos tempos da bruxería se cría que as esporas invisibles tiñan poder de protección os feitizos e encantamentos polo San Xoán. Os pos dos Fentos a media noite… é secos nas portas.

Nos temos un descoñecemento total dos Fentos, dos procesos de domesticación e cultivo así como da explotación como un recurso potencial para o aproveitamento dos mesmos. Seguramente existen usos afíns dende un punto de vista ecolóxico e etnobotánico para fertilizantes.

Na cultura celta, os druídas aseguraban como conseguir a invisibilidade coa combinación das ramas do Fento e as do abelá. ¡Xa está!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion